Infraestructuras

El PP denuncia que Lara Méndez no solicitó ayudas de la Xunta para mejoras en los polígonos industriales

By 27 febrero, 2023No Comments

Antonio Ameijide critica a Lara Méndez por no solicitar estas ayudas para mejorar los polígonos industriales y le pregunta directamente si no las solicitó por ser otorgadas por la Xunta de Galicia

Os polígonos industriais de Lugo non poderán desfrutar de melloras subvencionadas pola Xunta nos vindeiros meses despois de que o PP confirmase que Lara Méndez negouse a solicitar ningunha das axudas ás que se podían optar segundo a orde de axudas para a rehabilitación de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia.

Antonio Ameijide explica que a intensidade das axudas será dun 80% do importe total considerado como subvencionable e cun máximo de 120.000€ para as solicitudes individuais e de 138.000€ para as solicitudes conxuntas, que teñen como obxectivo renovar durante 2023:

  • Melloras na iluminación pública
  • Plantas de depuración de augas
  • Xestión de residuos no polígono
  • Melloras en infraestruturas viarias
  • Instalación de sistema de videovixilancia
  • Instalación de equipos destinados á loita contraincendios
  • Instalación de sistemas contra o roubo de cable
  • Servizos de subministración de gas e/ou hidróxeno

Ante esta decisión de Lara Méndez, o concelleiro popular denuncia que “non se pode entender como a alcaldesa opta por non pedir estas axudas, xa que todas as posibles accións a realizar son moi necesarias nas zonas industriais de Lugo” ao que engade que “agardamos que Lara Méndez o pense dúas veces antes de dicir que a Xunta non cumpre con Lugo xa que é a rexedora a que non quere que o goberno galego invista en Lugo”. “Agardamos que o motivo de non pedir as axudas é porque as outorga a Xunta de Galicia”, sinala.

Ameijide non entende o motivo de que Lara Méndez non pedise estas axudas xa que actuacións como melloras na iluminación, sistemas contra os incendios ou os sistemas de videovixilancia “todas demandas solicitadas en reiteradas ocasión dende a asociación de empresarios dos polígonos, ademais de polos propios traballadores das zonas industriais.

Antonio Ameijide sinala que o prazo para solicitar estas axudas abriuse o 3 de xaneiro e rematou o 3 de febreiro “polo que Lugo e os lucenses perdemos miles de euros que son moi necesarios para actuacións nas zonas industriais de Lugo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies