Seguridad

El PP denuncia que Lara Méndez cierra el mandato sin reforzar la atención y la protección a las mujeres víctimas de violencia de género

By 13 abril, 2023No Comments

Macamen López lamenta que Lara Méndez vaya a finalizar el mandato sin unir a Lugo al Sistema VioGén, dejando pasar otros cuatro años sin que las mujeres lucenses puedan obtener protección a través de este programa impulsado por el Ministerio del Interior

A concelleira do PP, Macamen López, denuncia “a escasa ou nula preocupación” do goberno de Lara Méndez por dar unha atención e protección axeitada ás mulleres vítimas de violencia de xénero en Lugo.

O último exemplo que pon sobre a mesa a edil popular é a cobertura da praza de psicólogo na Casa da Muller. “Por parte do goberno local defenden que se dá o servizo cando a realidade é que a persoa que realizaba esas funcións xa non as desempeña xa que foi designada para ocupar unha xefatura de servizo”, explicou, ao que engade que “hai semanas que tomaron a decisión sen ter en conta a necesidade de designar a outro psicólogo”.

Macamen López reitera a necesidade de dotar de máis persoal á Casa da Muller para poder “mellorar a atención que se presta a todas as persoas que acoden a este servizo”. “Non estamos a dicir que se faga un mal traballo”, puntualizou, “senón que con máis persoal se podería dar unha mellor atención, acurtando as listas de espera para as citas e así repartindo entre máis traballadores a carga actual que soportan as persoas que alí traballan”.

Para isto habería que comezar por cubrir “en tempo e forma” as baixas e as vacacións do persoal. Xa se denunciou en varias ocasións que non se cubren as 24 horas de atención presencial ou telefónica ás mulleres maltratadas acollidas en pisos municipais. Macamen López Silva recorda que hai que prestar unha atención presencial nas quendas de mañá (8.00 a 15.00 horas) e nas quendas de tarde (15.00 a 22.00 horas) así como de atención localizada telefónica durante ás noites polo que “é preciso cubrir todas as baixas e vacacións e reforzar o cadro de persoal para garantir esta atención as 24 horas”.

A edil do PP explicou que “este desamparo ás vítimas da violencia de xénero é grave e inexplicable” engadindo que “demostra a falta de interese por prestar un servizo de calidade”.

 

VioGén e Rede Galega de Municipios contra a Violencia de Xénero

Macamen López recorda como Lugo segue a ser a única das sete grandes cidades galegas que aínda non se adheriu ao Sistema VioGén a pesar de que o Grupo Municipal Popular o pediu en numerosas ocasións, acadando incluso varios acordos plenarios como en outubro de 2019.

“Lugo e as lucenses seguimos agardando a unirnos a este sistema a pesar de que en marzo de 2021 Lara Méndez anunciou a través das redes sociais oficiais do Concello de Lugo que ‘O Concello de Lugo xa está preparando a súa adhesión ao Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (VioGén) do Ministerio do Interior. Os axentes xa están recibindo formación específica’”, recordou.

Do mesmo xeito, Lugo tamén segue sen unirse á Rede Galega de Municipios contra a Violencia de Xénero.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies