La concejal del Grupo Municipal del PP Macamen López afirma que desde lo bigoberno de Lugo buscan calquer tipo de excusa para justificar su política de fotos contra la violencia de género, ya que la unión la esta red de entidades locales requiere únicamente un trámite tan sencillo como que la alcaldesa envíe una carta a la Fegamp solicitando la adhesión
A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Macamen López, denuncia que o bigoberno local se escuda nun “imprevisto administrativo” para escusar a non adhesión do Concello de Lugo á rede de entidades locais contra a violencia de xénero, unha rede creada hai sete anos.
Macamen López explica que a concelleira responsable de Cohesión Social, Ana González Abelleira, tentou agocharse tras un erro que ela mesma cualificou de “imprevisto administrativo”, algo que xa dura máis de dous anos, o que provoca que o Concello de Lugo siga sen unirse a esta rede de entidades locais, algo para o que tan só fai falla unha “carta da alcaldesa á Fegamp solicitando a unión a esta rede”. “Que non sexan capaces de realizar un procedemento tan sinxelo coma este demostra que a política contra a violencia de xénero do bigoberno o único que busca é unha foto, porque accións concretas nin a primeira”, lamentou.
A concelleira popular recorda que o Concello de Lugo incumpre o acordo de pleno do 20 de xullo de 2017 no que o Grupo Municipal Popular pedía a adhesión a esta rede, unha proposta que se aprobou por unanimidade de todos os grupos presentes naquela corporación (incluídos o PSOE e o BNG) pero, máis de dous anos despois, non fixeron nada para cumprir ese acordo “pese a que o trámite é moi sinxelo e non ten ningún tipo de custe económico”.
Macamen López incide en que “a política de fotos” do PSOE queda patente ao ver que todas as grandes cidades de Galicia se uniron a esta rede, agás Lugo e Vigo, e que 41 concellos da provincia tamén se adheriron.
A nula acción do bigoberno neste eido provocou que xa rematou o prazo para solicitar actividades a esta rede en materia de prevención da violencia de xénero durante o 2020, polo que “Lugo e os lucenses perdemos a oportunidade de contar con diferentes proxectos gratuítos de prevención, información e formación na loita contra a violencia de xénero”. Entre as actividades que se poderían desenvolver baixo o amparo desta rede de entidades locais contra a violencia de xénero están: cursos de autodefensa persoal para mulleres, programas de asesoramento e terapia familiar de apoio para nenos e nenas que sufriran violencia de xénero ou charlas informativas sobre agresións, entre outras.