Los vecinos de este inmueble “ya no pueden más” tras llevar desde 2012 peleando para que el Ayuntamiento de Lugo asuma su parte de los gastos, como copropietario, lo que impide, entre otras cosas, desarrollar obras urgentes de mantenimiento del inmueble afectado, como arreglar la fachada
O goberno de Lara Méndez segue a dar as costas aos lucenses e, nesta ocasión, a unha familia dun inmoble da Praza das Illas, edificio que ten deficiencias importantes e que dificultan a vida cotiá dos seus inquilinos, que non poden solucionar estes problemas debido a que o Concello de Lugo non asume a súa parte dos gastos (50%), como copropietario.
Antonio Ameijide explica que estes veciños levan sufrindo problemas de humidades, goteiras ou buratos na fachada que provocan que entre frío ao interior e que non poden arranxar porque o goberno de Lara Méndez négase a asumir a súa parte do custo económico. “A realidade é que neste inmoble o Concello de Lugo ten unha propiedade moi pequena, duns 15 metros cadrados, pero nas escrituras da propiedade figura que asumirá o 50% do custo dos gastos derivados da conservación do inmoble, algo ao que levan anos negándose e que está a ocasionar problemas moi serios a estes veciños”, apunta.
Os veciños deste inmoble levan máis de 10 anos remitindo escritos ao Concello de Lugo, emails, xuntanzas, incluso peticións directas a Lara Méndez, “con nulo resultado” á vista dos feitos, xa que hai máis dunha década que os veciños agardan a que o goberno local asuma as súas competencias.
O concelleiro popular recorda como non é a primeira vez que o Concello de Lugo ten problemas coa súa participación nesta propiedade, xa que no 2012, baixo o mando de Orozco e Bao, o edificio non pasou a inspección técnica de edificios “como consecuencia de que o goberno local desatendera as súas obrigas neste edificio”.
Os populares presentarán unha iniciativa a pleno para o Concello de Lugo colabore, dentro das súas obrigas, nas necesidades de arranxo deste inmoble para que estes veciños poidan recuperar a normalidade na súa vida diaria.