La concejal popular Mari Teijeiro explica que “el mecanismo que emplea el Concello para substituír las ausencias de los ordenanzas funcionarios de los centros de convivencia recurriendo a personal de empresas privadas podría ser ilegal”
A edil do Grupo Municipal do Partido Popular Mari Teijeiro denuncia que o Concello de Lugo podería estar incorrendo nun delito de cesión ilegal de traballadores.
Tal como explica a edil popular, a administración municipal está a botar man de empregados contratados por unha empresa privada para substituír a traballadores propios do Concello, asignándolles funcións e tarefas que corresponden en exclusiva a persoal municipal e, polo tanto, só deben desempeñar estes últimos. En concreto, trátase da substitución en caso de ausencia dos ordenanzas funcionarios de seis dos oito centros de convivencia municipais, dado que nos outros dous centros sociais (o de María Balteira e o Leiras Pulpeiro) é unha firma privada a que, de acordo co prego de condicións do servizo de animación sociocultural, a que se ocupa deste traballo ao non ter asignado ningún traballador municipal para asumir esta función de luns a venres.
“Pero no resto de centros estas substitucións deberíanse facer botando man da lista de contratación que habilitou o Concello de Lugo para este fin, en lugar de descargar este cambio na empresa privada”, subliña Teijeiro, quen censura que “o goberno municipal estea a privar do seu dereito de traballar ás persoas que figuran nesta relación e que foron clasificadas atendendo aos resultados das probas correspondentes”. “A mellor maneira de garantir que os socialistas non vulneran os principios de mérito e capacidade que deberían rexer na contratación de toda administración sería garantindo que se recorre a esa lista de contratación”, apunta a edil popular, ao tempo que puntualiza que “non se trata, nin moito menos, de cuestionar a capacidade das persoas que decide contratar a concesionaria”.
Nese senso, a concelleira popular detalla que “cumprir estritamente a legalidade beneficia a todas as partes, tanto ao Concello como aos traballadores que se atopan nesta situación e aos propios usuarios, xa que se lle dota de maior certidume á súa actuación”. Deste xeito, Teijeiro asegura que “o papel destes empregados non é simplemente o de abrir e pechar as portas do centro, senón que, ademais de constituír a primeira referencia para os veciños do entorno, tamén son quen asginan as citas para a atención do traballador social do centro”.
Por último, Mari Teijeiro cualifica esta práctica, “que se repetiu varias veces e ao longo de varios centros”, de “irresponsabilidade total por parte da concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira”. “E non esquezamos que esa concellería xa ten unha escura traxectoria a respecto de contratación de traballadores de empresas privadas que acaban formando parte de xeito indefinido do cadro de persoal do Concello por sentenza xudicial debido á mala praxe dos edís socialistas ao asignarlles funcións, instrumentos e lugares de traballo reservados en exclusiva para funcionarios”, conclúe.