El vicevoceiro popular considera un disparate que tan sólo se consignen 10.000 € “para publicidad y propaganda del turismo de Lugo” cuando por el mismo concepto, en la partida del gabinete de alcaldía, se reservan 150.000 € “para autobombo y promoción personal de la alcaldesa”
O vicevoceiro do Grupo Popular alerta que o bigoberno vai gastar máis en autobombo da alcaldesa que en promocionar o turismo de Lugo. Antonio Ameijide explicaba que en gasto de publicidade e propaganda do gabinete de Méndez están reservados 150.000 €, mentres que, en publicidade e proganda de turismo tan só hai consignados 10.000 €
O popular tamén aludía á partida global de Cultura na que pasan de 1.315.981 a 1.359171 polo que só se observa un incremento de 45.000 €. “Os 45.000 € que aumentan na partida nin chegan para pagar un par de meses de electricidade do novo auditorio” razoaba o vicevoceiro dos populares. “É un sin sentido que non haxa partida específica para o novo auditorio pero, sen embargo, se hai para o Gustavo Freire e, curiosamente, a incrementa neste exercicio pasando dos 11.200 aos 15.500 €”.
Para os populares chama a atención a rebaixa en 1.7M€ da partida de Promoción de Emprego, que pasa de 10M€ a 8,3M€, destacando tamén o feito de que se conxelen a partida emerxencia social en 270.000 € . Outra cifra que destacou o vicevoceiro popular é que “tanto para policía como para protección civil redúcese en 200.000 € o presuposto de gastos”. Ameijide explicaba que hai necesidades que demandan ambos colectivos como dotar dun novo furgón de atestados.
Dende o PP tamén consideran que o bipartito ten un desinterese absoluto na defensa contra incendios forestais xa que a partida que hai é insuficiente tendo en conta que o municipio ten unha ampla extensión de zona rural xa que só figura unha partida de 100.000 €, dos que 80.000 € son para gastos de persoal e vestiario”. “Nin orzamentan recursos propios e tampouco piden as brigadas que ofrece a Xunta”, reflexionaba Ameijide.
O popular tamén advertiu que “os primeiros orzamentos deste bipartito tamén incrementan a presión fiscal sobre os lucenses porque prevén incrementar ingresos por multas de tráfico (cun aumento de 500.000 €) ou duplican as previsións por retirada de vehículos (pasando de 60.000 a 140.000 €)”. Antonio Ameijide tamén salientou que PSOE e BNG renuncian de forma “expresa” a implantar calquera sistema de rotación ou alternativo á ORA xa que “tendo en conta que a previsión de ingresos é cero” interpretamos que a súa idea é condenar a Lugo a seguir sufrindo as consecuencias de carecer dun modelo de mobilidade axustado ás necesidades dos veciños “seguiremos perxudicando ao comercio e seguiremos sufrindo os problemas de aparcamento”.