
Los populares lamentan la falta de trabajo e interés del gobierno local por arreglar estos elementos interactivos que provoca que los turistas marchen de la ciudad con una sensación agridulce al no poder acceder a todos los contenidos de estos museos que presentan el patrimonio de la ciudad
Hai poucos días que a titular de Cultura, Maite Ferreiro, amosaba a súa ledicia polos datos de turistas deste verán en Lugo pero o que esqueceu comentar a edil nacionalista é que o Concello de Lugo “non lles podía ofrecer contidos a eses turistas” ao estar moitos recursos dos museos municipais fóra de servizo.
A realidade é que os paneis táctiles da rede de museos municipais segue sen funcionar a día de hoxe, algo que xa se denunciou en numerosas ocasións, pero que ao goberno local segue sen importarlle. “O certo é que é incomprensible que se feliciten polos datos de turistas mentres saben perfectamente que eses visitantes marchan cunha sensación agridoce ao non poder acceder aos contidos interactivos xa que as máquinas están avariadas ou obsoletas”, lamentan.
Ademais, dende o Grupo Popular recordan ao goberno local que o incremento de turistas en Lugo débese ao Xacobeo e a promoción que fai a Xunta, non polas iniciativas municipais “xa que non hai e tampouco se esperan, pois puxemos de manifesto varias veces que este bigoberno non ten ningunha folla de ruta a este respecto, ademais do feito de que tanto o BNG como o PSOE votan sempre en contra das nosas proposicións sobre turismo”. “Non hai máis que ver que os paneis interactivos destes museos non funcionan xa vai moito tempo e que os folletos son de hai varios anos, ademais de que falta información turística de Lugo nas estacións de transporte de viaxeiros, etc.”, denuncian.