El concejal popular Manuel López critica que “el retraso de la puesta en marcha de la campaña, que este año empezó a mediados de agosto, así como los desbroces selectivos que el gobierno local ordenó alrededor de la iglesia y campo de la fiesta en muchas parroquias”
O concelleiro do Grupo Popular Manuel López explicou que “”a inexperiencia e o descoñecemento” do goberno local das necesidades do rural son unha constante do novo goberno de Lugo. O edil popular denunciou que “froito da falta de planificación rematou a campaña de desbroces sen que se limpasen preto do 20% das pistas do rural”.
Os populares explican que este ano, malia que a contratación destes traballos acordouse no mes de maio, as máquinas non iniciaron os desbroces ata a segunda quincena do mes de agosto. Para os populares “esta demora inxustificada súmase ao despropósito de ordenar desbroces selectivos cos medios municipais”. Manuel López lembrou que “para lavar a cara diante dos veciños, durante o verán, os socialistas enviaron aos tractores municipais a limpar o campo da festa e arredores da igrexia”.
Manuel López fixo un barrido de puntos do municipio onde a maleza campa as súas anchas destacando zonas tan visibles como “a estrada vella de Santiago onde a maleza invade as beirarrúas dificultando o paso dos peóns, algo similar ocorre no acceso ao centro sanitario que hai no barrio da Ponte, o camiño das Regas; así como distintas parroquias, entre outras, a de Soñar e Carballido onde quedaron pistas sen limpar. Manuel López tamén indicou que todas as que están sen alquitranar non se limparon.
O concelleiro popular demanda do goberno socialista que limpe a maleza das vías máis transitadas con medios propios para facilitar o paso de peóns e garantir a seguridade vial. Manuel López indicou que se tivesen un mínimo de visión política polo menos acometerían os traballos en zonas visibles ironizando con que “sacan peito polo cemiterio municipal que temos e non son capaces de adecentar o acceso principal pola estrada vella de Santiago”.
Os populares insisten en que de cara á vinderia campaña de desbroces “é necesario establecer un calendario de actuacións que garanta un mantemento constante e propón ao goberno local que inicie o proceso de contratación do desbroce en abril para ter en verán en perfectas condicións as pistas do municipio”.