El viceportavoz popular Antonio Ameijide critica “la falta de voluntad política” de la alcaldesa por “desbloquear” cuestiones “vitales” para el municipio y lamenta que “eche por tierra” un acuerdo histórico entre el PP y el PSOE “de López Orozco”
O vicevoceiro popular Antonio Ameijide denuncia que case dous anos despois da súa aprobación segue pendente en torno ao 90% do plan extraordinario de investimentos de 2014 con cargo aos remanentes de tesourería de anos anteriores.
Nesa liña, o popular asegura que “numerosos puntos” deste acordo “histórico” entre o PP e o PSOE “de López Orozco” seguen a día de hoxe “estando soamente no papel”. “E as consecuencias son patentes, con cortes de luz por impago incluídos”, advirte o popular, en referencia a que non se cumprira aínda o acordo para o reforzo dos servizos electromecánicos. “Tampouco se completou aínda o PXOM nin se revisou o PEPRI nin se renovou integramente a rede de fibrocemento”, exemplifica Antonio Ameijide, quen enumera outras actuacións pendentes como a redacción do proxecto para a instalación dun ascensor en Ronda das Fontiñas, o pago e a axilización das expropiacións da Ronda do Carme, a continuídade dos itinerarios peonís no entorno da Volta da Viña, a cobertura do Parque Infantil de Augas Férreas ou a axilización da entrega definitiva dos títulos de propiedade das vivendas do barrio da Croa ou a creación dunha zona de baño pública no río Miño. “Poderiamos citar ducias de actuacións que estaba previsto realizar e que practicamente dous anos despois de aprobalas en xuño de 2014 séguenlles parecendo unha utopía”, sinala Ameijide, para quen “a alcaldesa é igual de corresponsable que López Orozco por non ter desbloqueado nestes nove meses que leva á fronte do Concello ningún destes proxectos de envergadura para o municipio”.
Así mesmo, o vicevoceiro popular insiste en que “nos seus primeiros meses de mandato, queda máis que claro que a alcaldesa viviu politicamente de inaugurar as obras que López Orozco deixara previstas, planificadas e licitadas grazas a ese acordo histórico que agora a alcaldesa pretende botar por terra”.
Acondicionamento accesos paso soterrado Anxo Carro.-
Ante esta situación, Antonio Ameijide anuncia “un goteo de iniciativas” para que “á vista da falta de vontade política do goberno socialista, se vexa forzado a desencallar esta batería de propostas”. “Esixiremos o que xa está aprobado, comezando polo acondicionamento dos accesos paso soterrado da N-VI ao Anxo Carro”, destaca o popular, quen explica que “tanto a entrada como a saída a este punto se atopan nun estado moi deficiente”. Nesa liña, sinala que tanto dende a entrada da cidade (ben dende A Cheda ou dende a Calzada da Ponte) como na saída cara ao Paseo do Miño e cara ao Pazo de Feiras e o Anxo Carro “urxe tomar medidas, que teñen un custe económico moi reducido pero que minimizarían moito as molestias que neste momento se están a xerar”.
Así mesmo, os populares reclamarán o acondicionamento dos sendeiros cara a este estadio de fútbol dende a explanada cara ao Pazo de Feiras, para o que suxiren estudar a posibilidade de dotalos de varandas (“non de cristal, coma os da cárcere”, ironiza) e dun mellor pavimento. “Tanto no caso do paso soterrado como neste sendeiro, o peor non é o engorroso que se volven senón o risco de caídas que implican, ademais da evidente mellora de seguridade que promovería o feito de evitar a N-VI”, sentencia Antonio Ameijide.