El vicevoceiro popular lamenta que” este proyecto financiado con fondos europeos esté paralizado y que los sensores que se colocaron hace año y medio ainda no se pusieran en funcionamiento” por lo que teme que el bigoberno “lanzara esta acción simplemente, como una finca de humo, para sumarse a la moda de las ciudades tecnológicas y después no fue capaz ni de ponerlo en marcha”
O Grupo Municipal do Partido Popular quere saber cando entrará en funcionamento a xestión de aparcamentos a través dos sensores que se instalaron hai ano en medio en Rodríguez Mourelo, García Portela así como no párking do antigo seminario.
Para Ameijide o bigoberno de Lugo “suspende no proceso de transformación como cidade intelixente con retrasos en medidas como esta”. O concelleiro popular explicou que “dende que en xullo de 2020 se colocaron estos sensores non se soubo nada máis sobre este tema”. Nese senso, avanzou que presentarán preguntas a comisión para que o goberno local aclare “o prazo da posta en funcionamento deste sistema que permite localizar a través dunha aplicación móvil estacionamentos libres nos citados puntos”. Queremos saber cando e onde se instalarán os paneis de xestión que indicarán as prazas libres que hai tanto no entorno do parque Rosalía de Castro como no párking do Seminario.
As obras deste sistema fanse con cargo aos fondos europeos do Smart City e teñen por obxecto localizar unhas 200 prazas libres a través dunha aplicación móvil. O orzamentos que se destina para este proxecto é de 267.000€.
Ameijide lamentou o retraso na implantación deste sistema, manifestando que o bigoberno ten moito traballo pendente en materia de aparcamento en Lugo “temos prazas ridículas nos aparcamentos municipais de Santo Domingo, Praza do Ferrol e Praza da Constitución aos que nunca chega a ampliación prometida. Non se ofrece unha alternativa á ORA para regular o aparcamento tras cinco anos sen este sistema cando hai aprobada unha proposta, a iniciativa do PP, para crear un sistema gratuito de rotación de aparcamento e, tamén, botamos en falta a creación de parkings disuasorios no entorno do centro tanto en terreos municipais como a través de convenios con propietarios de solares sen uso”. Trataríase dunha cesión temporal e o concello asumiría a limpeza e o mantemento”