Jaime Castiñeira explica que “tal como acreditan los informes técnicos, una empresa ha presentado un presupuesto a la edil de Cultura y Turismo una vez que ya había realizado los trabajos a contratar y para los que no existía consignación presupuestaria”
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo Jaime Castiñeira denunciou unha nova contratación fraudulenta da edil Carmen Basadre en relación á aplicación de móbiles LugoTurismo.
Tal como acreditan os informes técnicos que acompañan ás facturas emitidas o 3 e o 10 de setembro de 2015 por importes de 4.764,38 euros e 8.984,25 euros respectivamente por unha das empresas “ás que con maior frecuencia recorre o goberno municipal”, os documentos de pago foron devoltos por falta de consignación orzamentaria e tamén porque, segundo a xefa de servizo de Cultura e Turismo, na relación de traballos aportada figuran actividades anteriores á presentación do orzamento (xaneiro 2015 e o orzamento ten data 9 de setembro).
Proba tamén do “absoluto descontrol” desta dobre contratación atópase no informe dos servizos informáticos, que indican non é posible comprobar neste momento é a dispoñibilidade da aplicación nas datas indicadas, que deberíase ter controlado por parte do responsable do proxecto e suponse que se tería feito no seu momento, ao tempo que advirten de que esta comprobación debería realizala o responsable do proxecto ao coñecer en detalle as especificacións comunicadas no seu momento á empresa desenvolvedora da aplicación.
Para o voceiro popular, “o máis grave é que chove sobre mollado porque este pagamento chega despois de que no anterior recoñecemento extraxudicial de crédito se incluíse outras facturas da taquilla electrónica do Concello, tamén deste departamento e en idénticas circunstancias de xestión de costas aos funcionarios”. Así mesmo, Castiñeira preguntouse “que escuras razóns hai detrás do fraccionamento en dous de servizos que ben podían figurar nun único contrato”, xa que a primeira das facturas é para o mantemento de contidos da APP de turismo durante catro meses e medio e a segunda consiste na actualización con Apache Cordova para facela compatible coa última versión do sistema operativo Android. Por último, considerou “sospeitoso” que o gabinete da alcaldía fora o destinatario dalgúns dos documentos, polo que convidou aos lugueses a reflexionar “quen manda realmente no Concello de Lugo”.
Outras facturas do recoñecemento extraxudicial.-
En relación a outros pagos que forman parte do expediente do recoñecemento extraxudicial de crédito 3/2016 cun importe total de 200.054,77 euros correspondente a 730 facturas, o voceiro popular incidiu en que un bloque de 529 minutas de enerxía eléctrica anteriores ao 31 de decembro de 2014 se abonan “sen a garantía e a certificación ao 100% de que todos estes gastos se tiveran realizado”. Así mesmo, noutros informes sobre facturas eléctricas os técnicos advirten sistematicamente de que é necesario que regularmente se verifiquen os consumos rexistrados. A este respecto, Castiñeira lembrou que “non só o anterior alcalde se comprometera co PP a mellorar a revisión e control destas facturas, senón que a alcaldesa no seu primeiro ano de mandato non deu nin un só paso nesta liña, o que motivou varios cortes de subministro bochornosos en dependencias municipais”
Así mesmo, o voceiro popular instou aos socialistas a “abandonar a demagoxia reiterada” de que os recoñecementos extraxudiciais de crédito só inclúen facturas de grandes multinacionais, xa que “neste terceiro expediente de 2016 figura unha pendente dende o 12 de maio de 2014 por importe de 13.572,81 euros a unha empresa que atravesou serias dificultades económicas e á que tamén se lle aprobou no último pleno un pago pendente de exercicios anteriores”.