EconomíaInfraestructurasObras

El PP destaca la histórica inversión de la Xunta en Lugo en los presupuestos para el año 2020

By 19 octubre, 2019octubre 21st, 2019No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Ramón Carballo subraya que Lugo “se beneficiará” de casi 40 M€ en los que incluyen partidas que suman los cerca de 4 M€ para iniciar la Ronda Este, avanzar en el Plan Paradai, elaborar el proyecto de la intermodal así como el desdoblamiento de la vía Lugo-Sarria

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, valorou positivamente os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2020, concretamente no que corresponde a Lugo, xa que “cumpren” cos compromisos adquiridos e dan resposta ás necesidades dos lucenses, aos que se destinan 39.380.000€ so de inversión directa.

Ramón Carballo sinala que a valoración das contas da Xunta para o vindeiro exercicio económico “é moi positiva”, xa que “pese a que somos conscientes de que non está todo o que quixéramos para Lugo, se marcaron prioridades para rematar cos proxectos iniciados, como completar dotacións no barrio da residencia”.

O voceiro popular puxo sobre a mesa o esforzo inversor do goberno autonómico para impulsar os proxectos “fundamentais” como son o primeiro Centro de Saúde Integral de Galicia (7M€), o novo centro público de atención integral ás persoas maiores (12M€) con 120 prazas públicas e que xerará 115 empregos, a ampliación do parque empresarial das Gándaras (3.4M€), a Rolda Leste (300.000€) ou cos primeiros pasos que se darán para que Lugo conte coa súa estación intermodal (200.000€).

Ramón Carballo afirma que para o goberno de Núñez Feijóo o barrio da Residencia sempre foi unha prioridade, algo que se pode comprobar in situ ao ver o bo ritmo co que avanzan as obras de demolición do antigo hospital Xeral e que se “reafirma” cos máis de 19M€ de inversión directa que hai nos orzamentos do vindeiro ano. “A Xunta quere reactivar económica e socialmente este barrio e están a dar os pasos necesarios para conseguilo”, sinalou.

Unha dinámica que se ve referendada cos 780.000€ destinados ao programa Rexurbe cidade. Un investimento que se destinará ás obras, para continuar ou rematar as que xa están en execución e tamén para intervir no acondicionamento do edificio do Pazo de Dona Urraca e do Edifico do Xacobeo. Un investimento que se complementará co apoio á recuperación de inmobles nas ARI da cidade (322.000€). “Falamos de que o goberno galego segue a apostar polo casco histórico de Lugo, ao que destina máis de dous millóns de euros”, afirmou.

O inicio do desdobramento da vía de altas prestacións Lugo-Sarria, con 3M€, amosa ás claras cal é outra das prioridades do executivo galego. As obras licitaranse antes de que remate o presente ano e avanzarán de forma significativa na vindeira anualidade.

Para Ramón Carballo estes orzamentos son un exemplo de que o esforzo inversor de anos anteriores prolóngase en actuacións como a redacción do proxecto construtivo da estación de autobuses intermodal, incluíndo a conversión dos terreos da actual terminal nun gran espazo público ao servizo dos veciños e dos comerciantes da zona (200.000€) ou o Plan Paradai (450.000 euros), unha intervención que que precisa ser desbloqueada polo Concello.

Na zona rural, a Xunta investirá en proxectos de dinamización máis de 435.000 euros no 2020 ao abeiro da iniciativa Leader do Plan de Desenvolvemento Rural. “Con estes investimentos realizaranse accións de mellora da contorna rural, obras de recuperación e rehabilitación do patrimonio histórico, iniciativas para a posta en marcha de novos recursos turísticos, para a creación ou mellora de áreas recreativas e praias fluviais”, explicou. Uns proxectos aos que se engaden o arranxo de camiños por máis de 472.000 euros.

O voceiro popular recalca que “son unhas contas feitas con criterio, axustadas ás necesidades dos lucenses e que responden a unha folla de ruta programada na que se estableceron unhas prioridades claras”. “O presidente da Xunta sabe que non queremos unhas contas que se queden en papel mollado ou se retrasen indefinidamente como sucede en Lugo con calquer proxecto ou investimento que depende exclusivamente da alcaldesa”, explicou, nunha clara alusión a proxectos inacabados como a biblioteca da Piringalla, a Fábrica da Luz, a praia fluvial ou a unión dos paseos do Miño e do Rato.

Ramón Carballo quixo finalizar a súa intervención cun resumo conciso do que son estes orzamentos da Xunta para Lugo: “teñen unha característica fundamental, hai proxectos con nomes e apelidos e con orzamentos, polo que non se pode dubidar do compromiso de Feijóo con Lugo”, sentenciou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies