Antonio Ameijide afirma que “lamentablemente se cumplen las previsiones que hicimos que demuestran que la estrategia de Méndez con este asunto solo busca dilatar y evitar que los políticos socialistas responsables de este destrozo paguen de su bolsillo a indemnización de 2,5 M€ a Inca”
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de desestimar a solicitude de complemento de sentenza que presentou o Concello de Lugo sobre a fallida concesión da fábrica da luz. “Con esta última deliberación xa son tres varapaus seguidos áo goberno local á conta dos problemas da concesión da explotación deste inmoble” indicou o vicevoceiro popular, Antonio Ameijide.
“O intento de gañar tempo e, en consecuencia dilatar ainda máis a solución para recuperar este inmoble, cústanos a todos os lucenses 7.600 € ao mes en concepto de intereses, a maiores da indemnización de 2,5M€ que deberá pagar á empresa adxudicataria” lembraba o popular.
Ameijide lembrou como dende o Grupo Popular xa advertiron que esta solicitude de complemento de sentenza “estaba abocada ao fracaso” lamentando o empeño de socialistas e nacionalistas “de caer nunha espiral xudicial para gañar tempo e para presentar o recurso de casación ante o Supremo”. O vicevoceiro popular puntualizou que segundo todos os xuristas consultados é improbable que nin tan sequera se acepte a trámite polo que se pregunta “¿a que están xogando?”.
Os populares, á vista desta nova sentenza, anuncia que preguntarán en comisión que pasos vai seguir o Concello para desbloquear este asunto; tamén insisten en que o bigoberno “non debe renunciar aos dereitos de explotación que perderon por unha xestión neglixente ao longo dos últimos 20 anos” e reclama que adopten as medidas necesarias para recuperar esta concesión ante a Confederación Hidrográfica
O popular tamén quere saber se xa se iniciou o expediente para pedir que paguen os políticos implicados do goberno de Lara Méndez a indemnización de 2.5M€ ditaminada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.