Xestión

El PP desvela que Alvarellos anunció el comienzo de unas obras en el Polvorín sin tener el adjudicatario

By 19 agosto, 2024No Comments

A alcaldesa de Lugo e o concelleiro de deportes mentiron cando o pasado día 30 de xullo visitaron o campo do Polvorín para anunciar “o comezo inminente da obra  cando a día de hoxe, 19 de agosto, nin tan sequera está rematado  o proceso de adxudicación”

Nese acto a alcaldesa explicaba que arrancaban os traballos da renovación do céspede destas instalacións “cando ainda non estaba o proceso rematado, non había adxudicatario, nin contrato asinado, é máis, a mesa que se celebrou o 22 de xullo excluía, por razóns técnicas, a unha das ofertas e pedían informe”

Os populares están preocupados pola “capacidade visionaria de Alvarellos” xa que “é inexplicable que coñecera o adxudicatario cando a Mesa de Contratación non” engadindo que “na acta se pode comprobar como había máis dun licitador e a rexedora, nas declaracións que fixo públicas, xa elixiu a unha empresa cando faltaba un informe para adxudicar”

Os populares tamén lamentan a lentitude e a falta de xestión do goberno local xa que “desde o pasado seis de maio, data na que o goberno local contrata un préstamo de 13,5 M€ para afrontar aos investimentos comprometidos nos orzamentos do 2024, ben puideron ter iniciado o proceso e executar as obras aproveitando os meses de xullo e agosto onde non hai actividade deportiva, nin académica”.

Hai que lembrar que o uso destas instalacións é compartido por un centro escolar e asociacións deportivas polo que “o lóxico sería ter aproveitado o tempo no que non hai estudiantes nas aulas para facer as obras comprometidas”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies