Los populares exigen a Lara Méndez y Rubén Arroxo que dejen a un lado las peleas internas del bigoberno para poder dar un servicio adecuado a los lucenses
Hai tempo que dende o PP fixeron público o desencontro entre Lara Méndez e Rubén Arroxo, que os levou a ter unha relación máis que tensa e que se evidenciou en asuntos como as barracas de San Froilán en 2021 ou más recentemente co suposto peche de ‘Las Palmeras’.
Pero o último capítulo ata o de agora é que Lara Méndez, para danar a imaxe pública de Rubén Arroxo, deu orde de que non se cubran as baixas de persoal que se producen nas áreas xestionadas polos nacionalistas para que colapsen e o que en realidade está conseguir é “empeorar o servizo que se dá aos lucenses que cada día acoden ao concello a realizar as súas xestións”.
Un exemplo desta situación é o servizo de atención ao cidadán. Ten que haber catro traballadores, pero dous están de baixa e un terceiro ten unha redución de xornada. O resultado é que entre dúas persoas atenden a unhas 120 persoas diarias de media o que provoca que se produzan colas e, en moitos momentos, colapse o sistema.
Ante esta situación, os populares esixen a Lara Méndez e Rubén Arroxo que deixen a un lado as súas liortas internas xa que “os lucenses queremos unha administración áxil e que funcione, non o que temos na actualidade, un concello ao que entras cun problema e saes con dous”.