El viceportavoz del Grupo Municipal del Partido Popular afirma que la alcaldesa “viuse obrigada a revocar o nomeamento do instructor de sancións, que ela mesma asinou en marzo” acusándola de “irresponsable” por designar para esta función a un axente que non tiña a categoría legalmente esixida”
O vicevoceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide desvelou que a alcaldesa anulou o nomeamento do instructor de sancións que ela mesma designara, o pasado 7 do mes de marzo, pese a existir informes contrarios. Antonio Ameijide explicou que a Xefa de Persoal alertou o 27 de abril da irregularidade deste nomeamento por considerar que “as funcións que desenrolaba esta persoa non se axustaban á normativa”.
Os populares afirman que ao anular este nomeamento o goberno local debe explicar varias cuestións: a primeira, de tipo económico, é informar se o Concello terá que asumir o 1,6 millóns de euros das multas, que se estiman se cobraron neste periodo. Ameijide pregúntase que “se o feito de anular o nomeamento podería deixar sen efecto as sancións que este axente puxo durante os meses que asumiu a función de instruir as multas de tráfico”. Nese senso, dende o PP recomendan a aqueles que pagaran unha multa nos últimos meses ou os que o fagan nas próximas semanas ou meses, que garden o xustificante bancario de ter realizado o abono “xa que é probable que acaben recuperando o seu diñeiro”. O segundo aspecto a aclarar, relativo á xestión do servizo, é saber “quen se vai facer cargo, arestora, desta función que dende onte non ten ningún responsable encargado”.
O vicevoceiro popular explicou que “desta volta, nin co amparo da Directora Xeral de Persoal foron capaces de xustificar esta decisión”. Ameijide subliñou que “só o temor a que esta cuestión acabe nos xulgados os obrigou a rectificar”.
Antonio Ameijide indicou que “é lamentable que o goberno local se teña que enmedar a se mesmo” pese a estar advertido previamente do seu erro” criticando que “polémicas na política de persoal que deberían ser extraordinarias estanse a convertir nalgo ordinario e innato deste goberno socialista”. “Lonxe de afastarse da política de persoal da axencia de colocación de Liñares e Orozco o actual equipo de Lara segue os mesmos pasos que os seus antecesores” concluíu.