Medio Ambiente

El PP desvela que Lara Méndez contrató seguridad privada para vigilar las piezas de la inexistente playa fluvial

By 10 octubre, 2022No Comments

Antonio Ameijide alerta que la alcaldesa contrató seguridad privada para vigilar los lego que decidió tirar en el Paseo de Miño y preguntan a la regidora por los motivos de tener vigilancia en este punto y no en otras infraestructuras municipales, como puede ser el nuevo auditorio de Magoi

O esperpento de Lara Méndez coa praia fluvial ten visos de non rematar nunca xa que agora a rexedora decidiu contratar seguridade privada para vixiar os legos que tirou no Paseo do Miño.

Antonio Ameijide afirma que se presentarán preguntas para coñecer diversos aspectos desta contratación, como ata cando van a manter esta vixilancia privada, quen paga esta seguridade e, no caso de que sexa a empresa que subministrou o material, se vai a repercutir o custo ao Concello de Lugo. Outra das dúbidas é por que hai vixilancia privada durante o día e non durante a noite que é cando máis risco existe de que a poidan roubar ou danar.

O popular tamén sinala que outro dos aspectos que máis queixas suscitou entre a veciñanza sobre esta contratación é que pode verse estacionado ao carón dos legos e circulando, á entrada e saída da vixilancia privada, vehículos particulares polo Paseo do Miño, unha zona destinada ao paseo dos lucenses e para facer deporte.

Ameijide explica que outra das preguntas que suscita esta contratación é por que Lara Méndez non contrata tamén vixilancia privada para outras dependencias municipais, como pode ser o novo auditorio de Magoi. “Unha vez máis insistimos en que se Lara Méndez dedicase a mesma enerxía que pon en confrontar coa Xunta de Galicia e buscar solucións aos problemas, seguramente Lugo tería moitos dos seus problemas xa resoltos”, afirmou.

O popular sinala que o máis lóxico sería almacenar estes materiais nunha nave municipal en lugar de ter que pagar un servizo de seguridade privada, ante o que tamén se preguntará se os lego e o resto de materiais instalados no Paseo do Miño van a quedar durante todo o inverno ou, pola contra, vanse retirar para evitar que as inclemencias meteorolóxicas poidan danalos.

Por último, dende o Grupo Popular tamén se pregunta a Lara Méndez se xa está traballando nun proxecto de praia fluvial nunha nova localización para que os lucenses por fin poidan disfrutar dunha zona pública e gratuíta de baño tras máis de 10 anos de promesas socialistas incumpridas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies