InfraestructurasServicios socialestransparencia

El PP desvela que Lara Méndez tardó 3 meses en encargar la respuesta a un requerimiento, para lo que tenía un mes, para legalizar el Fogar do Transeúnte

By 4 agosto, 2022No Comments

Los populares critican a Lara Méndez, que constantemente pide lealtad institucional a la Xunta de Galicia, pero a la hora de la verdad a regidora lleva tres meses para encargar la Evislusa a respuesta a un requerimiento (para lo cual tenía un mes de plazo) para homologar el Hogar del Transeúnte, triplicando ya el plazo establecido para entregar la documentación

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular denuncia a “nula lealdade institucional” de Lara Méndez coa Xunta de Galicia a pesar de que a rexedora sempre fai esa petición ao goberno autonómico.

Os concelleiros populares fan esta denuncia despois de ver como Lara Méndez ten sen homologar os traballos de ampliación do Fogar do Transeúnte, algo para o que a Secretaría Xeral Técnica, Subdirección Xeral de autorización e inspección de Servizos Sociais da Xunta de Galicia deu un prazo dun mes (a contar dende o 10 de maio de 2022). “Mañá (5 de agosto de 2022) será cando Lara Méndez faga a proposta de encargar a Evislusa a redacción de toda a documentación precisa para a homologación dos traballos de ampliación do Fogar do Transeúnte, 3 meses tarde”, sinalan os populares.

A documentación que Evislusa ten que elaborar para poder homologar estes traballos é:

  • Verificación técnica da instalación eléctrica
  • Inspección regulamentaria de baixa tensión
  • Ensaio estático de posta en carga sobre unha estrutura de piso en edificación ou proba alternativa

Os concelleiros populares votarán a favor desta encomenda a Evislusa “por responsabilidade xa que é imprescindible regularizar estes traballos”, pero non entenden que “se faga esta encomenda de xestión a Evislusa tres meses tarde cando o prazo legal para entregar toda a documentación era dun mes”.

Para os populares, o Concello de Lugo debe de ser exemplar e cumprir con todas as súas obrigas, do mesmo xeito que a administración local pide aos particulares ou outras administracións que cumpran coas súas obrigas en prazo. “Lara Méndez sempre se queixa de que outras administracións non teñen lealdade institucional co Concello de Lugo, pero ela non está a dar o mellor exemplo”, critican.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies