El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide lamenta que la alcaldesa y el vicealcalde mantengan al Ayuntamiento de Lugo como una de las administraciones que peor pagada a autónomos y pequeñas empresas, ya que de las 2.777 facturas pagadas en el segundo trimestre del año el 70,90% de las mismas ya incumplía el plazo legal estipulado para hacerlo
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, lamentou por enésima a “nefasta” política económica de Lara Méndez e Rubén Arroxo, que manteñen ao Concello de Lugo como unha das administracións que peor paga aos seus provedores ao manter o período medio de pago en 82,68 días.
Antonio Ameijide explica que, como é habitual, o Grupo Municipal Popular pediu acceso ao informe de morosidade do 2º trimestre do ano, documento no que se acreditan os nefastos datos de pagamento a provedores e que empeoran ao constatar que o período medio de pago pendente se dispara ata os 160,90 días. “Non é de recibo que un autónomo ou pequeno empresario que presta servizos para o Concello de Lugo teña que esperar máis de cinco meses para cobrar polos traballos realizados”, sinalou.
Este informe “é demoledor” para socialistas e nacionalistas, xa que o informe deixa datos tan alarmantes como que no segundo trimestre do ano só se pagaron dentro do prazo legal que marca a lei o 29,10% das facturas (808 de 2.777 facturas), o que demostra “o mal pagadores” que son tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo. Ou dito doutro xeito, o goberno local pagou fóra de prazo o 70,90% das facturas (1.969 de 2.777 facturas).
Das 1.064 facturas pendentes de pago, 496 xa incumpren o prazo legalmente previsto para o pago e representan un importe de 3.062.014,32€.
Antonio Ameijide recorda a proposta realizada en numerosas ocasións polo Grupo Municipal Popular para licitar un prego de condicións para realizar un contrato para o subministro de enerxía eléctrica ao Concello de Lugo, un proposta “ignorada” polo goberno local, pese a que neste informe a tesoureira municipal reitera, por enésima vez, que “o importe das facturas das compañías eléctricas historicamente supón a maior parte do importe das facturas pendentes de pago, tendo cando se lles presta conformidade nalgúns casos máis de 365 días de espera, e que de ser conformadas, deben aprobarse no Pleno Municipal mediante un recoñecemento extraxudicial de crédito o que alonga máis os seus prazos de pagamento”. Unha afirmación que dá a razón á unha vella reclamación do Grupo Municipal do Partido Popular, como é “a licitación dun prego de condicións para a contratación do subministro eléctrico municipal”.
Unha situación ante a que a tesoureira municipal afirma que “non existe un problema de liquidez nin imposibilidade financeira ningunha para poder afrontar os pagamentos municipais”. Un informe no que se engade que “os incumprimentos en materia da normativa de morosidade neste momento están a reflectir unha deficiente e lenta xestión interna na tramitación administrativa das facturas pero en ningún caso un problema financeiro ou de liquidez para atender en prazo os pagamentos”. Por iso, a tesoureira sinala que “reitérase a necesidade de tramitar nos prazos establecidos na normativa de morosidade as facturas que están pendentes”.