Mar Carballas no entiende que la licitación de un contrato de más de un millón de € no se realice con todas las garantías legales, lo que provoca que el Tribunal Administrativo de Contratación Pública estimara el recurso presentado por una de las empresas licitadoras y pregunta a Lara Méndez que va a hacer ahora
O Concello de Lugo volve a estar no punto de mira pola súa falta de transparencia e “dubidosa” resolución de contratos públicos despois de que o Tacgal (Tribunal Administrativo de Contratación Pública) paralizase o contrato para a prestación dos servizos de colaboración e asistencia técnica, material e informática na inspección tributaria municipal complementarios ao funcionamento dos órganos de inspección tributaria tras estimar a reclamación presentada por unha das empresas que se presentou á licitación.
Mar Carballas pregunta a Lara Méndez se vai a reiniciar a licitación ou se vai a realizar unha nova valoración das empresas que se presentaron ao concurso despois de ver como o Tacgal estimou a reclamación presentada pola empresa que quedou na segunda posición na adxudicación deste contrato. Este contrato ten un valor estimado de 1.166.666,67€ e un prazo de execución de 3 anos, podendo ampliarse ata un máximo de 5 anos.
Ante a reclamación presentada, o Tribunal Administrativo de Contratación Pública establece no punto sexto da resolución que “en primeiro lugar, debemos poñer de manifesto o excesivo tempo transcorrido ata a remisión completa polo órgano de contratación do expediente e informe segundo o previsto non artigo 56.2 LCSP, o que determinou un considerable atraso na resolución deste recurso”.
A empresa que presentou o recurso alega que no informe técnico non se adoptaron os mesmos criterios de valoración para todas as ofertas por igual, “cunha asignación de puntos parcial e sen coherencia ao non aplicarse os mesmos criterios valorativos para as tres memorias técnicas, valorando aspectos distintos nunhas ofertas e noutras”.
Nuns casos outorgan puntuacións con decimais e noutros números absolutos, como por exemplo:
- “Metodoloxía para a detección de suxeitos a inspeccionar: (ata 10 puntos)”, nos pregos indica que “se valorará a proposta de técnicas e criterios para a detección de posibles fraudes fiscais e suxeitos susceptibles de ser inspeccionados”.
Neste punto as tres empresas obteñen a máxima puntuación, pero con ofertas diferentes.
- Caso da empresa recorrente: -GTT regularizacións do IAE; ICIO e da taxa 1,5% que son tributos obxecto do contrato, recibindo unha puntuación de 3,34; 3,33 e 3,33 respectivamente: 10 puntos.
- Caso da empresa adxudicataria: CGI, a súa proposta ten ata 5 tributos: (IAE; ICIO; IIVTNU; Taxa 1,5%; Taxa por recollida de lixo) e un apartado referido ao potencial da inspección no Concello. Valoración 1,70; 1,66; 1,66; 1,66; e 1,66 puntos respectivamente: 10 puntos.
Ante esta circunstancias ao Tacgal chámalle poderosamente a atención que “as tres licitadoras tiveron a mesma puntuación nos criterios suxeitos a xuízo de valor” ou que “non conste cales foron os criterios ou subcriterios a ter en conta para avaliar as ofertas, máis aló das especificacións técnicas”.
No Tribunal Administrativo de Contratación Pública non se entende o que se valorou en cada caso para que as distintas ofertas tivesen a máxima puntuación en cada apartado “porque cada proposta teñen aspectos diferentes con puntuacións individuais diferentes pero que alcanzan en cada caso os puntos máximos totais”. Pese a iso, “non é imposible que na valoración todas as empresas teñan a mesma puntuación, pero teríase que fundamentar en que teñan un contido parecido, pois se fosen diferentes tamén terían puntuacións diferentes”.
Todo o anterior, e outras consideracións do Tacgal, fixeron que estimen o recurso debido a que non saben as motivacións que se tiveron en conta para puntuar as ofertas, a motivación ten que demostrar o proceso lóxico do que deriva a adopción dunha determinada decisión, algo que neste caso non sucedeu.