El portavoz popular Antonio Ameijide asegura que “los graves incumplimientos en los que incurriron los socialistas en los últimos años, y que imposibilitaron que la concesionaria de la fábrica de la luz había podido explotarla, pase otra factura millonaria a los lucenses dejándonos una nueva hipoteca socialista a los vecinos de Lugo”
O voceiro do Grupo Popular manifestou a súa preocupación pola nova indemnización que previsiblemente poderíamos ter que pagar os cidadáns de Lugo a conta da fábrica da luz como consecuencia da “neglixencia e do bloqueo no que está instalado o goberno socialista. Antonio Ameijide valoraba deste xeito a reclamación de 2. 840.858,15€, máis intereses e costas do proceso xudicial que figura na demanda que presentou a empresa concesionaria da fábrica da luz. No documento, avalado por informes periciais de reputados economistas e enxeñeiros de camiños se reclama a resolución do contrato alegando incumprimentos e erros cometidos por parte do goberno local.
A demanda que Inca presentou o pasado 14 de xaneiro foi admitida a trámite no xulgado nº1 do contencioso administrativoa o pasado luns 21 de xaneiro marcando un prazo de 20 días para que responda o goberno local. Hai que ter en conta que a empresa presentou no concello, o 3 de agosto de 2017, a solicitude de resolución de contrato obtendo a calada por resposta, tras case dous anos sen resposta víronse obrigados a acudir ao xulgado.
Antonio Ameijide sinalou que entre as razóns polas que a empresa adxudicataria xustifica a resolución do contrato figura “a solicitude extemporánea de prórroga do prazo de excución de obras, así como, o retraso na autorización do inicio das obras e no nomeamento do director das mesmas. Inca solicita en máis de tres ocasións ao concello de Lugo que como promotor requerise a axilización de trámites”. Tamén se cita como incumprimentos “a indisponibilidade do edificio que impide executar traballos de musealización e explotación da central eléctrica, ou ben, os retrasos na solicitude de prórroga como titular da concesión de augas para a execución da ataguía”.
Na demanda en curso, INCA tamén apunta como responsable desta situación ao concelleiro Daniel Piñeiro alegando que retrasou numerosos trámites, entre eles, a prórroga das obras da ataguía. Ambos feitos foron denunciados en reiteradas ocasións dende o PP, de feito, desvelamos que “o edil socialista tivo mes e medio sobre a mesa, sen firmar, a solicitude da prórroga de concesión e cando tivo a ben asinala xa estaba fóra de prazo provocando que se iniciase o expediente de caducidade desta concesión hidráulica do concello de Lugo”.
A empresa tamén adxunta probas da vinculación do concelleiro co grupo ecoloxista ADEGA que paralizou, dende o primeiro momento este proxecto, varias veces as obras un motivo polo que, por ética, debería haber estado ao marxe deste procemento. Non se entende como Méndez o puxo ao fronte deste proxecto sabendo esta incompatibilidade, agora esa falta de neutralidade pode terse en conta neste procedemento xudicial.
Ameijide matizou que “as irregularidades durante estes 8 anos de concesión supoñen poñer en risco a pérdida da concesión do uso de augas, sobre a mesa tamén está o caso abierto polo Tribunal Supremo contra o proxecto de obra aprobado pola xunta local; e por último este novo mazazo xudicial a conta da demanda da empresa que solicita a resolución do contrato e unha indemnización de case tres millóns de euros.
En conclusión, os socialistas optaron por hipotecar este edificio “primeiro, regalan o inmoble por un canon ridículo de 450€ mes durante 38 años; en segundo lugar, dúas décadas despois de que se rehabilitase este edificio os lucenses seguimos sen poder usalo e disfrutalo e, en terceiro lugar, a incompetencia da alcaldesa vailles servir en bandexa á empresa o negocio perfecto de gañar cartos sen rematar a obra”. En resumo, en vez de buscar alternativas para que todos os lucenses poidamos disfrutar destas instalacións privilexiadas ao pé do Miño nos vemos enredados en demandas xudiciais que poderían supor o pago de indemnizacións de preto de tres millóns de euros.