Tráfico

El PP dice que la movilidad urbana en Lugo se rezaga porque los gobiernos de Méndez no hicieron los deberes

By 20 septiembre, 2020septiembre 21st, 2020No Comments

En la semana europea de la movilidad el PP pide una reflexión y un consenso de todos los grupos políticos para definir la movilidad en el Lugo post Covid “dando protagonismo a los desplazamientos a pie, y al uso de medios alternativos como la bicicleta o coches eléctricos”

O Partido Popular presenta unha batería de medidas para definir a mobilidade no Lugo post Covid co ánimo de buscar consensos e acondicionar a cidade aos novos tempos nos que hai unha tendencia a dar un maior protagonismo aos desprazamentos a pé, ou uso de medios alternativos como a bicicleta ou coches eléctricos.

Antonio Ameijide aproveitou o inicio da celebración da semana europea da mobilidade para introducir o debate destas propostas reclamando “recuperar o tempo perdido dos últimos anos” aclarando que “ao bipartido pilloulles esta nova realidade sen ter os deberes feitos” en alusión ao retraso na implantación da reforma do transporte urbano, a falta de aparcamentos para bicicletas, a ausencia de puntos de recarga para coches eléctricos ou a nula concienciación da cidadanía para levar a cabo medidas que contribúan ao hábito de camiñar.

Fomentar os desprazamentos a pé e divulgar a idea de que moitas veces se chega antes andando que usando vehículos particulares. A vantaxe é que non contaminamos, aforramos cartos e por riba é un hábito saudable. Nese senso dende o PP propoñemos: acondicionar un trazado de eixos continuos e seguros que crucen a cidade; crear #Lugociudadquecamina coa posta en marcha do metrominuto que é un plano que indica distancias e tempos entre varios puntos da cidade coa idea de promocionar o desprazamento a pé e, tamén, consensuar no gabinete de tráfico os cambios de direccións en barrios así como futuras peonalizacións

Crear unha cultura da bicicleta con propostas como:

– Ampliación  en máis zonas de aparcamentos de bicis; facer un rexistro voluntario e gratuito de bicis no concello para evitar os roubos; oferta de bicicletas públicas recuperando os aparcamentos e as unidades que se adquiriron no programa Rebicíclate.

Facilitar puntos de recarga para coches eléctricos:

– A petición do PP o goberno local comprometeuse a determinar as mellores localizacións para estas prazas públicas de recarga xa que  hai empresas que as instalan a custe cero. Lugo xa contaba con dúas prazas para a recarga e estacionamento de vehículos eléctricos (unha na rúa Cidade de Viveiro e outra na rúa Alcalde Anxo López Pérez), pero o goberno de Lara Méndez decidiu suprimilas

Incrementar uso do transporte público con propostas como:

– Liñas máis curtas con frecuencias de 10 a 15 minutos; Transbordos gratuítos, establecendo puntos que sirvan de nós para facilitar transbordos; gratuidade para menores de 18 anos, persoas xubiladas, pensionistas e familias con escasos recursos; creación dunha APP para móbiles para informar, en tempo real, das chegadas de autobuses, frecuencias, enlaces e posibles incidencias no servizo e mellorar a información das paradas coa posta en funcionamento dos paneis dixitais e coa colocación de novos paneis informativos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies