El vicevoceiro popular Antonio Ameijide pide al bipartito “que ponga coto a las cacicadas y dedazos del personal” después de conocerse que la cobertura de la plaza del jefe del parque móvil se hizo de forma directa y que según la sentencia “sin permitir que otros funcionarios igual o mejor preparados habían podido optar a ella”
Para os populares o novo varapau xudicial que se vén de coñecer “certifica a política de persoal clientelar de socialistas e nacionalistas e pón en dúbida á rigurosidade coa que se está xestionando a área de persoal”.
O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que o fallo da sentenza que se vén de coñecer é moi claro cando asegura que “non se cumpren os requistos de urxencia, inaplazable necesidade e excepcionalidade que xustifiquen a cobertura do posto en comisión de servizos pola xubilación do anterior titular porque era un feito previsible”. Asemesmo se conclúe que a cobertura da praza “foi concedida de forma directa sen permitir que outros funcionarios igual ou mellor preparados puideran optar a ela”.
O chofer da alcaldesa estivo 2 anos e 2 meses ocupando este posto ata o 21 de xaneiro de 2021, a sentenza anula o acto administrativo polo que se efectuou esta cobertura de praza e ao Concello a pagar as costas xudiciais.
Diante desta situación o PP reclama que se saque a praza definitiva para cubrir a vacante do xefe do parque móbil “queremos que se abra un proceso transparente e que se dea publicidade para evitar que se volva a cubrir a vacante a dedo”.
Ameijide reflexionaba que “os tempos novos que intenta vender a responsable de gobernanza non concordan coas últimas sentenzas que se veñen de coñecer”. Os populares refírense a outros fallos desfavorables para Méndez e Arroxo “como o que revocaba a decisión que tomou a alcaldesa de cesar á xefa de persoal a quen culpaba de todas as irregularidades de 20 anos de gobernos socialistas”. “Parece que nin coa nova RPT se rematan as tácticas de enchufismo de socialistas e nacionalistas no concello de Lugo”, concluía o popular “iso por non falar do malestar polo nomeamento do xefe de urbanismo e arquitectura que rematou coa dimisión do concelleiro de urbanismo”.