Economía

El PP dice que las ordenanzas fiscales de Méndez para 2021 ni innovan ni son ambiciosas para frenar las consecuencias de la pandemia

By 22 octubre, 2020No Comments

Antonio Ameijide satisfecho porque una de las medidas estrella del bigobierno sea incentivar y bonificar la rehabilitación en el Camino Primitivo tal y como lleva pidiendo el PP desde hace años “por fin, aunque tarde, reconocen la importancia de aprovechar el tirón del Xacobeo”

Os populares consideran que a proposta socialista de modificación de ordenanzas é “pouco ambiciosa, nada novidosa e que chega tarde”. Antonio Ameijide utilizaba como exemplos para explicar a falta de innovación neste documento á proposta de bonificar rehabilitacións e construcións ao pé do Camiño Primitivo para aproveitar o tirón do Xacobeo explicou que se trata dun “corta pega dunha achega que o PP fixo hai dous anos”. Ameijide acusaba a “Méndez de falta de xenerosidade, xa que inicialmente desprezou a idea, cando agora presume dela esquencéndose os anos que o PSOE leva opoñéndose a poñela en marcha”.

Para Antonio Ameijide o borrador de ordenanzas para 2021 “é pouco ambicioso  porque non tiveron en conta moitas outras achegas que fixo o PP”. Ameijide aseguraba que nos chama a atención que den carpetazo a varias suxerencias relacionadas coa situación xerada pola pandemia.

  • É moi cuestionable que conxelen a taxa de apertura de negocios e establecementos así como as comunicacións previas sen facer rebaixas. No PP pensamos que este é o momento de arrimar o ombreiro co comercio e por tanto hai que buscar canles para incentivalo.
  • Renuncian a “ampliar ata verán de 2021 a supresión do 50% das taxa das terrazas.
  • Eluden bonificar o IBI e a rodaxe ás empresas e autónomos afectados pola pandemia”.
  • Evitan revisar as ordenanzas de recollida de residuos urbanos para que os negocios paguen unicamente polo lixo que xeneran en función da súa actividade
  • Empéñanse en manter a fórmula de cálculo do recibo da auga co que ao retrasarse as lecturas dos contadores estanse a dar importantes sobrecustes nas facturas

Outras cuestións que quedaron no tinteiro e que o PP defendeu e que mantén que se debería contemplar no borrador de Ordenanzas para 2021 son:

  • Establecer as tarifas para o uso das salas do novo auditorio de Magoi co que todo apuntan a que renuncian a abrilo en 2021
  • A supresión da ordenanza da ORA que non ten sentido mantela logo de cinco anos sen funcionar.
  • Aceptar a petición para ampliar a bonificación do 50 ao 95% da taxa pola prestación de servizos urbanísticos das construcións, instalacións ou obras destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras e forestais así como ampliar a bonificación do ICIO nesa mesma proporción para obras que sexan declaradas de interese ou utilidade municipal por tratarse de obras destinadas a explotacións agrícolas, gandeiras e forestais.
  • Incluir bonificacións do 50% do ICIO e da taxa da prestación servizos urbanísticos para a construción e rehabilitación de vivendas nas parroquias do rural

O popular manifestou o seu malestar polas declaracións dos de Lara Méndez nas que aseguraban que dende o PP non se fixeran achegas para mellorar as ordenanzas para o ano que vén. “O que pasa é que non queren escoitar” lembrándolle que ademáis das 23 propostas que se entregaron na Mesa de Ordenanzas do 26 de xuño, todas estas achegas se incluiron nunha iniciativa que se elevou a pleno o 28 de maio e que tanto PSOE como BNG votaron en contra. “Vostedes rexeitan as nosas propostas en sesión plenaria e logo as recuperan, pero eso si, sen recoñecer que veñen da man doutros”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies