La concejala popular Beatriz Vázquez desveló que hoy acaba el plazo para presentarse al concurso de director provisional de la Banda, una convocatoria impulsada por el PSOE, y que mañana expira el plazo para optar a la dirección de la Escuela Municipal que depende del BNG.
El Partido Popular denuncia que, entre PSOE e BNG, hay un boicot permanente y una guerra abierta por el control de la Escuela de Música y , en cambio, a ningún de los dos partidos les interesa impulsar la Banda Municipal.
A concelleira popular Beatriz Vázquez asegura que o bipartito “faise oposición entre eles mesmos” xa que “mentres o BNG, de quen depende tanto a Banda como a Escola, convoca as eleccións para montar una directiva propia deste último servizo, de forma paralela o PSOE, que ten as competencias de persoal, saca a praza de Director da Banda que, asumiría a dobre función de dirixir esta agrupación e tamén controlaría a Escola de Música”.
A cuestión é que co bipartito de Lugo chegamos ao último ano deste mandato e observamos que “en vez de impulsar a Banda Municipal histórica que tiñamos en Lugo o único que lles preocupa é manter a máxima cota de poder na Escola de Música”.
Neste momento e dado que os nomeamentos provisionais de directores da Banda Municipal non coallaron, ao que hai que sumar outros problemas internos derivados da manipulación política dos partidos do bigoberno “estase a producir un desgaste e un desánimo por parte do persoal”. Dende o PP anuncian que presentarán preguntas en comisión para coñecer cales son os planes do bipartito para a Banda Municipal xa que na actualidade hai 15 músicos (2 en excedencia e 1 de baixa permanente) cando o mínimo sería contar con 45-50 integrantes. Os populares tamén queren saber quen vai organizar a docencia do vindeiro curso académico da Escola de Música xa que dos horarios depende o número de alumnos que se poden matricular e neste curso quedaron lucenses en lista de espera.
Por último Vázquez lamenta que a Banda Municipal estea a vivir o seu peor momento dende a súa creación en 1879: “É triste que a banda máis antiga de Galicia que durante anos levou o nome de Lugo por toda Galicia estea agora en coma e sexan os lucenses os perxudicados”. A súa última actuación foi no ano 2017 daquela o PSOE e o BNG se comprometeron a priorizar a Banda pero a realidade é que neste momento só hai 15 músicos, e que están sin director e en situación precaria.