El portavoz popular Ramón Carballo explica que “además del dinero que se ahorren de las patronales, el fondo de este programa puede nutrirse con las aportaciones que no se gastaron de las fiestas parroquiales anuladas este verano, o del que quedó en el bolsillo de la previsión de gasto del Arde Lucus”
O PP propón, que de suspenderse o San Froilán, o goberno local destine a partida económica prevista para as patronais para axudar aos lucenses máis afectados pola crise sanitaria. Ramón Carballo asegura que se podería impulsar un Programa de Axuda a autónomos e empresarios para paliar os efectos da baixada de ingresos como resultado de períodos de inactividade ou de restriccións e, tamén, para reducir o impacto de futuras corentenas.
O voceiro popular asegura que este Plan de Axudas a autónomos, empresas afectadas por situacións de corentena serviría “para impulsar a economía local nun momento difícil, como o que estamos a vivir”. Precisamente, unha das zonas que se beneficiaría deste programa será o barrio da Milagrosa afectado polas últimas restriccións.
Carballo explica que a partida para este programa podería incrementarse sumando os fondos municipais que non se gastaron este verán para celebración das festas parroquiais, así como o orzamento que non se investiu na última edición do Arde Lucus.
O voceiro popular tamén recordou que “hai fondos suficientes para impulsar este Programa de Axuda que incluso se podería fortalecer cos cartos dos remanentes que agora si se van poder utilizar trala suspensión da regla do gasto propiciada polo fracaso do goberno do PSOE e Podemos da súa intención de expropiar os remanentes”.
De feito, o popular suxire que se destine un millón dos 18M€ que ten no peto para este Programa para reducir o impacto das corentenas pola Covid no municipio. “A idea é sumar os fondos antes descritos e crear unha partida duns 2M€” resumiu o voceiro popular.
“Temos fondos suficientes para incentivar e apoiar ao tecido económico local” engadindo que “é agora o momento no que as administracións máis cercanas deben estar á altura, hai cartos sobrantes co que o noso deber é investilos para axudar aos lucenses que sufriron e van sufrir o zarpazo da covid”.
Retraso contrato alumbrado
Con respecto á crítica pola tardanza na tramitación do contrato do alumeado lamenta “a disculpa que pon o goberno excusando a súa falta de planificación coa situación sanitaria que vivimos”. “É unha tomadura de pelo que sabendo a data do inicio dos festexos non anticipasen a contratación para cumprir os prazos”.