Infraestructuras

El PP dice que es un “fracaso” que la apertura de la cafetería del Vello Cárcere quede desierta por cuarta vez

By 7 marzo, 2022No Comments

El vicevoceiro popular Antonio Ameijide habla de un 4×4 en la vieja cárcel “cuatro años desde que se inauguró y cuatro intentos fallidos para abrir la cafetería panorámica del piso superior” apuntando que “este fiasco refleja que tenemos un bigoberno que no es capaz de hacer pliegos de condiciones atractivos para los inversores interesados en explotar este espacio de lujo con vistas a la Mosquera de la Muralla”

O Partido Popular lamenta un novo fiasco do bigoberno á conta da posta en marcha da cafetería panorámica que hai no piso superior do Vello Cárcere. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que “cada vez se superan máis e demostran que están fóra da realidade”. O popular facía esta reflexión logo de confirmar que “a cuarta licitación promovida polo Concello de Lugo para adxudicar a explotación da cafetería panorámica do Vello Cárcere quedou deserta”.

“Coa cafetería do Vello Cárcere temos un 4×4, catro anos dende que se inaugurou, o pasado día 30 de marzo de 2017, e catro pregos de condicións que non se axustan á realidade e que espantan aos hostaleiros para explotar este espazo de luxo no centro de Lugo con vistas á mosquera da Muralla”.

O pasado día 22 de febrero concluíu o prazo para recepción de ofertas sen que ningunha iniciativa privada presentase a documentación. Segundo o último prego de condicións os inversores que pudieran estar interesados en asumir a xestión do restaurante terían que aboar un canon de 16.300 € ao ano; o prazo da concesión sería de 10 anos máis 5 de prórroga.

Os populares explican que o bigoberno intentou convencernos de que ía resultar atractiva a concesión porque rebaixaron a cuota mensual pero esta mellora era ficticia, xa que neste último novo prego de condicións se obriga aos adxudicatarios a pagar as facturas da luz e de auga, unha circunstancia que dado o prezo que está a alcanzar resulta insostible para moitos hostaleiros.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide anunciou que “á vista deste fracaso” pedirán que se presente un informe en comisión “que analice as causas que provocan o rexeitamento do sector á explotación deste espazo de restauración co ánimo de que se redacte un novo prego atractivo para os hostaleiros”.

O Partido Popular advertiu dende o primeiro momento do “pouco futuro que auguraban a esta adxudicación: a cafetería primeiro non tiña un acceso independente (se soluciona logo da presión e denuncia pública que fixo o Grupo Popular); actualmente segue sen ter un baño adaptado nas instalacións da cafetería e, por riba, para que se poida abrir se require  facer un investimento moi importante: instalación e legalización completa de gas e execución da saída de fumes; tamén é necesario un investimento de entre 60.000  a 80.000 euros en mobiliario e equipamento para o desenvolvemento da actividade. Todo este material e instalacións asumidas polo empresario son a fondo perdido xa que reverterán no Concello e deben estar listas nun prazo dun mes, algo que co desabastecemento actual de materiais e as tramitacións para legalización do gas é algo inviable.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies