transparencia

El PP dice que el objetivo de Méndez, en vez de trabajar por Lugo, es hacer oposición a la candidata del PP

By 29 diciembre, 2022No Comments

Ramón Carballo afirma que los lucenses merecen una alcaldesa que mire por Lugo y no una marioneta cuya única preocupación es repetir, al dictado del PSOE, un relato cocinado contra de Elena Candia

Mentres o Partido Popular busca solucións aos problemas que preocupan aos lucenses intentando poñer freo a suba dos aparcadoiros; reclamando que traballen para eliminar  os tapóns urbanísticos que hai en Lugo dende a era das pesetas, pedindo unha maior presenza policial nos barrios ou buscando alternativas e financiamento para mellorar a conexión do polígono das Gándaras coa A-6… á alcaldesa de Lugo o único que lle preocupa é facerlle oposición á candidata do PP á alcaldía.

Os lucenses non merecemos unha alcaldesa cuxa única preocupación é repetir, ao ditado do PSOE, un relato cociñado contra Elena Candia. Resolvan os seus problemas de liderados onde os teñen que resolver e tómese en serio o traballo por Lugo. Quero recordarlle que o seu líder desexado foi quen autorizou as licenzas das Torres do Garañón e que , por moito que intenten manipular, os lucenses sabemos que se hai que tirar o Garañón é porque alguén lle deu mal a licenza e, ese alguén, foi o seu padriño político o señor Besteiro.

Levamos varios días espertándonos cunha alcaldesa cuxo traballo é facer oposición a nosa candidata. Este tipo de actitudes demostran: primeiro o seu nerviosismo porque as enquisas non lle son favorables; segundo que son un goberno esgotado e, terceiro que están moi afastados do que lles preocupa á cidadanía.

No Partido Popular mentres vostedes defenden ao seu líder desexado seguiremos traballando e presentando iniciativas que sexan útiles para os cidadáns coma as que hoxe imos defender no pleno.

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies