La última decisión del Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia sobre la contratación del servicio de basura apunta que hubo “incongruencias y ausencia de motivación, unida a la falta de respuesta por parte del órgano de contratación a los alegatos formulados por los recurrentes”
O Partido Popular afirma que o novo varapau do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia sobre a contratación do servicio de basura que lles obriga a recuperar a oferta da empresa Cespa vai retrasar “sine die” a posta en marcha dun novo servizo. Para o vicevoceiro popular Antonio Ameijide esta situación “é esperpéntica” xa que na resolución do Tacgal indica “incongruencias, ausencia de motivación, unida á falta de resposta por parte do órgano de contratación ás alegacións formuladas polos recorrentes” coas que se argumenta a exclusión de Cespa desta tramitación para xestionar a recollida de residuos de Lugo”.
Antonio Ameijide puntualiza que “este é o enésimo contratempo que sufre este procecemento” matizando que resulta “esperpéntico que incumpran reiteradamente os seus pronósticos”. “Imos para un ano de xestión dende que se abriron as plicas” reflexionaba o popular.
Dende o PP responden á pregunta que se fan moitos lucenses e que é como lle vai a repercutir este novo atranco da adxudicación do servizo de lixo. En primer lugar, fréase a reposición de colectores que hai deteriorados, deténse a colocación de novas unidades, retrasase a implantación dun sistema de recollida de aceites e tamén seguen limitándose os baldeos en zonas saturadas tal e como reclamou o PP.
O contrato da recollida de lixo é xunto co do transporte un dos máis custosos para o concello de Lugo e leva catro anos caducado (dende o 31 de marzo de 2017) o que supón que pagamos preto de 32 M€ con reparos de legalidade.