Terceira idade

O PP di que os maiores son “un colectivo estratéxico” e apoia a creación de mecanismos para dárlles voz e participación no ámbito local

By 4 diciembre, 2023No Comments

LUNS 4 DE DECEMBRO 2023
• “A nosa obriga é escoitar aos maiores e ter en conta as súas opinións, preocupacións e gustos co obxecto de satisfacer, na medida do posible, as súas demandas”
• O Consello Municipal do Maior consensuará propostas que se elevarán ao pleno, mentres que e a Oficina do Maior terá por obxecto asesorar e axudar ás persoas que en moitos casos teñen problemas de acceso á información pola brecha dixital e precisan dun asesoramento persoalizado.
• Os populares afirman que con estas ferramentas “aproveitaríamos a súa valiosa experiencia, dándolles o protagonismo que merecen, cun papel activo que non só se limite a accións de envellecemento activo e saúde”

ADMINISTRACIÓN ACCESIBLE

• Os populares insisten na necesidade de que a administración local sexa “máis accesible e para iso habería que simplificar os documentos municipais como resolucións, comunicacións oficiais e trámites habituais que se fan no concello”
• Gustavo Díaz insiste en que “é prioritario estender a linguaxe sinxela en tramites habituais que expliquen como se pide un certificado de empadroamento, unha domiciliación ou como acceder ao SAF …”

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies