LimpezaMedio Ambiente

El PP le dice a Méndez que para llegar al ‘ green Vancouver’ que quiere hay que limpiar y mantener zonas verdes y solares abandonados y no solo con un edificio de madera

By 16 febrero, 2021No Comments

El vicevoceiro del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide exige a Lara Méndez más preocupación por la imagen de la ciudad y por cuidar los espacios verdes de la ciudad y porque se mantengan limpios los solares, tanto privados cómo públicos, para evitar que la maleza siga creciendo sin control e invada las aceras

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, critica a nula preocupación de Lara Méndez por manter a cidade cun mínimo nivel de mantemento e limpeza, mentres centra os seus poucos esforzos en facerse fotos en cada paso da construción dun edificio de madeira.

Antonio Ameijide recolle as queixas de moitos lucenses, fartos de ver como a maleza invade beirarrúas ao sobresaír de valados e muros de fincas, mentres a alcaldesa e o seu equipo de goberno miran cara outro lado e non fan nada por corrixir unha situación que nunca debería de suceder.

Entre estes exemplos de insalubridade e risco de incendio, pódense destacar numerosas propiedades por todo o municipio, sobresaen varias parcelas moi próximas á Muralla e ao casco histórico:

  • Rúa Cidade de Viveiro e Rúa Isaac Díaz Pardo: un solar no que a vexetación medrou sen control e invade a beirarrúa de ambas rúas.
  • Ronda da Muralla coa Rúa Montero Ríos: un dos solares nos que a vexetación medrou sen control e que se converteu non foco insalubre ao estar tamén repleto de lixo.
  • Rúa Castelao: un solar cheo de vexetación que, cada poucas semanas, supera o muro invadindo a beirarrúa.
  • Rúa Anduriñas coa Rúa Doutor Gasalla: outra das esquinas tradicionais da cidade nos que a maleza chega a rúa impedindo o paso dos peóns.
  • Rúa Noriega Varela coa Ronda da Muralla: solar no que a vexetación invade periodicamente a parte reservada á circulación dos peóns, nunha zona na que non hai beirarrúa como tal.
  • Rúa do Carme: a imaxe desta rúa, onde a vexetación invade a súa parte superior periodicamente é o mellor exemplo do abandono municipal que sufriu este senlleiro barrio nos últimos anos.

Unha situación que “nunca se debería de permitir” e que debería de facer reflexionar moito ao equipo de goberno, quen ten a obriga de garantir a limpeza, a salubridade e a seguridade nos terreos do municipio. Neste senso, Antonio Ameijide explica que o ‘Green Vancouver’ do que Lara Méndez presume e di que quere acadar para Lugo debería de comezar por ter unha cidade limpa e as zonas verdes en boas condicións para o disfrute dos lucenses, en lugar de tentar tapar as súas carencias coa construción dun edificio de madeira que, visto o visto, “terminará por converterse nun novo espacio baleiro de contidos” ao igual que o son o MIHL, o Vello Cárcere ou todas as instalacións municipais abandonadas polos socialistas.

Unha situación que se engade á pasarela que se está a construír sobre a N-VI, xusto entre dous pasos inferiores, un “dispendio” de diñeiro público xa que un dos pasos inferiores está en boas condicións e o outro, vai a ser arranxado nas próximas datas, polo que non se entende que se dilapide máis dun millón de euros nunha pasarela.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies