El portavoz del Grupo Popular Ramón Carballo destacó que con respeto a las elecciones de 28 de abril “el Partido Popular creció el porcentaje de votos en el municipio en 7 puntos, mientras que, el PSOE retrocedió en 1,35”
O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo valorou os resultados das eleccións celebradas onte e salientou que “houbo unha perda de confianza do electorado lucense no PSOE que, pese a que é o partido que goberna en Lugo, perde forza. Pola contra observamos un crecemento do Partido Popular”.
Carballo destacou que o PP do concello de Lugo mellorou a porcentaxe de voto con respecto ás eleccións do 28 A “aumentamos 7 puntos pasando do 25,87% ao 32,90%, en contraposición do PSOE que retrocedeu 1,35% pasando de 34,29% de 32,94%”. En número de papeletas o PP subiu 2.211 votos con respecto ás eleccións de abril mentres que os socialistas retroceden 2.617 votos.
O voceiro dos populares tamén amosou a súa satisfacción porque o PP recupera o voto no rural de Lugo “gañamos nas 16 mesas sumando 682 votos máis que o PSOE, xa que se emitiron 2.023 votos para o PP fronte a 1.341 papeletas que foron para o PSOE”.
Outro dato significativo é que o PP do concello de Lugo “é o que máis apoios tivo nas sete grandes cidades galegas. Lugo sube 7,03 puntos; Ourense e A Coruña 6,41 puntos; Santiago 5,72 puntos; Ferrol 6,6 puntos; Pontevedra 5,18 puntos; Vigo 4,4 puntos”.
Ramón Carballo concluiu “melloramos, foron bos resultados, pero somos conscientes de queda moito traballo por facer xa que a división do voto segue penalizandonos”. “Estes resultados nos animan a incrementar esforozos para consolidar no futuro esta tendencia e mantela e mellorala no futuro”.