El vicevoceiro del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide argumenta que Rubén Arroxo debe de ser ambicioso y la aprobación definitiva de las nuevas líneas de bus urbano deben de entrar en vigor ya y tienen que acompañarse de la puesta en marcha de diversas medidas, aprobadas en pleno a iniciativa del PP, para hacer el transporte urbano más atractivo para los lucenses
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo esixen a Rubén Arroxo que agora que parece que dunha vez vai a aprobar as novas liñas de bus nas primeiras semanas de xaneiro, esa aprobación veña acompañada da doutras medidas, aprobadas en pleno a iniciativa do Partido Popular, e que el mesmo apoiou co seu voto.
Os concelleiros populares refírense a medidas como a renovación das marquesiñas ou poñer en marcha os paneis informativos e o SAE. Para os populares, o máis urxente segue a ser a publicidade das novas liñas para que a cidadanía se familiarice con elas e coñeza as novas rutas antes de poñelas en funcionamento.
Para os concelleiros populares a aprobación das novas rutas de bus na cidade ten que acompañarse de medidas que fagan este servizo máis atractivo:
- Abandonar as frecuencias dunha hora e apostar por frecuencias de entre 10 e 15 minutos
- Gratuidade para menores de 18 anos, xubilados, pensionistas e persoas con escasos recursos, unha medida que se aprobou no pleno a iniciativa do Grupo Municipal Popular
- A creación inmediata dunha APP para móbiles con información en tempo real e que permita calcular as rutas
- Mellora da información nas paradas e marquesinas
Os populares reiteran que se trata de pequenas innovacións que suporán unha revolución para o transporte urbano de Lugo xa que o sistema actual “está anclado no pasado”. “Trátase de facer máis atractivo o servizo, algo para o que tamén se pode estudar a implantación de bonos semanais, mensuais ou anuais, cun prezo reducido, para animar aos lucenses a subir ao autobús urbano”, sinalaron.