El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López explica que esta carretera, que va la Santa Eulalia de Bóveda, perdió en muchos tramos parte del asfalto, provocando numerosos baches lo que dificulta la circulación a los conductores, por lo que se precisa una actuación inmediata
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, esixe á Deputación o arranxo inmediato da estrada LU-P-2903, que vai a Santa Eulalia de Bóveda, xa que se trata dunha vía que en moitos treitos perdeu gran parte do asfalto, polo que a circulación é moi complicada polos baches que apareceron.
Manuel López explica que esta estada une Vilachá de Mera con Santa Eulalia de Bóveda, unha pista moi empregada polos veciños da zona e que presenta un estado lamentable, polo que “urxe” un arranxo inmediato.
O concelleiro popular tamén denuncia a actitude do bigoberno local xa que, pese a que se trata dunha vía de titularidade provincial, “nin se preocupan” de instar á Deputación a arranxar esta vía que discorre polo Concello de Lugo e que dá servizo a veciños do municipio. “Nin Concello nin Deputación fan nada por mellorar as condicións de vida dos veciños do rural, nin sequera se preocupan de asegurar que as estradas que unen as diferentes parroquias se atopen en bo estado de mantemento”, sinalou.
No ano 2006 xa se adxudicará e contratara o asfaltado en quente desta pista desde A Uceira ata Santa Eulalia de Bóveda, pero a Deputación, sen ningún motivo, tirou o proxecto pese a que xa se realizaran as expropiacións e moitas delas xa se pagaran polo que “entendemos” que é a mesma situación que sucedeu coa estrada LU-P-2901 que une a LU-232 con Vilamaior de Negral e que pasa polo Concello de Lugo.
Esta estrada ten tamén outro proxecto, para asfaltar 2,1 quilómetros da variante do Burgo, e a Deputación, pese a aprobalo en pleno, así como o Concello de Lugo, non fai nada por sacar adiante esta “mellora fundamental” para esta vía que ten unha alta perigosidade porque coincide co Camiño Primitivo e, a súa estreitez, hai que engadir os peregrinos, vehículos, maquinaria agrícola…
Manuel López recorda a importancia destas dúas estradas xa que son as únicas vías que dan acceso a todo o Val do Mera, polo que pregunta ao presidente da Deputación “que lle fixeron os veciños desta parroquia para que os trate deste xeito”, porque despois de revisar estas dúas estradas, dos 30 quilómetros dos que constan, “tan só 5 están nun estado aceptable”.
Ademais, o concelleiro popular explica que no cruce da Uceira, os veciños reiteran a necesidade dunha actuación por parte da Deputación xa que todos os anos hai problemas de visibilidade debido á gran cantidade de vexetación que hai, polo que piden que se “limpe periodicamente ou que se instale un espello” para garantir a visibilidade neste punto.