Los populares piden al bipartito “que explique los motivos por los que en tres años no hicieron ningún trámite para implantar un sistema abierto de adquisición mediante una aplicación web y móvil, dirigido a comunicar y solicitar oferta para cada contratación, a los autónomos y empresas registrados voluntariamente tal y como se acordó, por unanimidad en enero de 2018 la petición del PP”
Co ánimo de corrixir “a práctica abusiva de utilizar contratos menores para os caprichos e as cacicadas da alcaldesa e o vicealcalde de Lugo” o Grupo Municipal do Partido Popular esixe en que “do xeito máis urxente posible” se implante un sistema aberto de adquisición mediante unha aplicación web e móbil, dirixido a comunicar e solicitar oferta para cada contratación municipal, aos autónomos e empresas rexistrados voluntariamente.
O concelleiro popular Antonio Ameijide lembrou como esta proposta xa se puxo sobre a mesa hai tres anos e, de feito, conta coa unanimidade do pleno pero “coma xa nos teñen acostumados os socialistas e nacionalistas a deixaron gardada nun caixón porque non lles interesa dar participación, nin ser transparentes á hora de contratar e prefiren, cos cartos públicos, dar aos seus amigos contratos menores a dedo”.
A proposición que defendeu o Partido Popular, en xaneiro de 2018, tiña por obxecto crear un sistema aberto de adquisición para contratos menores que dea publicidade de toda contratación que se oferte dende o Concello para que todos os autónomos ou calquera empresa lucense que desexe acceder e presentarse a estes procedementos teña a oportunidade de facelo.
O Grupo Municipal Popular mantiña xa en xaneiro de 2018 que “era preciso desenvolver un sistema mediante o cal poidan relacionarse de maneira áxil e eficaz os provedores interesados en traballar co Concello” e suxería utilizar unha aplicación web e outra móbil que permitiría darse de alta aos usuarios que queiran contratar co Concello e elixir unhas categorías predefinidas. Unha vez que estivesen rexistrados, recibirían unha notificación de cada novo contrato menor que se oferte e que estea incluído nas categorías previamente seleccionadas. Os provedores interesados poderían acceder á descrición de solicitude de orzamento e os requisitos da mesma tanto na web como na aplicación móbil e enviar os seus orzamentos, xunto coa documentación complementaria a través da propia web. Unha vez que se acaba o prazo de envío de orzamentos o Concello tomaría a decisión de adxudicar o contrato menor segundo as ofertas presentadas todo iso a través da aplicación web.
Todos os participantes no procedemento poderían acceder á información dos orzamentos presentados, a documentación complementaria doutros candidatos e á adxudicación, o que implicaría unha maior transparencia. Este procedemento ofrece unha imaxe de maior compromiso co ben público e de mellor rendición das contas públicas, permitindo ás empresas coñecer os procesos de compras, independentemente do sector no que desenvolvan a súa actividade. Este sistema permite realizar unha análise máis certeira da contratación menor, reducir custos, o que redunda nunha maior eficiencia e economía ás compras, e abrir a contratación menor a todo tipo de empresas.
Información deficiente
Con respecto á listaxe que se facilitou sobre os contratos menores do ano 2020 os populares indican que “non cumpren nin tan sequera os mínimos que segundo o artigo 63.4 da Lei 9/2017, de Contratos do Sector Público especifica xa que a publicación da información relativa aos contratos debería incluir a duración, o importe de adxudicación, incluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e a identidade do adxudicatario, ordenándose os contratos pola identidade do adxudicatario”. O documento ao que temos acceso non ordena por adxudicatario, nin tampouco ofrece datos sobre duración do mesmo. Tampouco ofrece datos mínimos e necesarios como a data de contratación, o número de ofertas solicitadas, así como a concellería tramitadora do contrato”, sinalaba Ameijide.
Os populares conclúen que ata o último minuto “poñen as máximas trabas posibles” insistindo en que “desde que Lara Méndez chegou á alcaldía de Lugo a transparencia brila pola súa ausencia” recriminándolle “os anos nos que negou o acceso a esta documentación e que agora fai público tralo o apercibimento da Valedora do Pobo”.