El concejal popular Antonio Ameijide denuncia el retraso de un año y tres meses en la ejecución del 100% de las obras de pavimentación y abastecimiento del casco urbano incorporadas y aprobadas por el PP al Plan de Inversiones de los remanentes de tesorería de junio de 2014
O concelleiro do Grupo Popular Antonio Ameijide calificou de “ridículo” o grao de execución das obras de mellora de medio cento de rúas da cidade lamentado que “a punto de cumprirse un ano e tres meses da sinatura do acordo entre PP e PSOE, para investir os remantentes de tesourería de anos anteriores, non se empezou nin unha soa destas intervencións”.
Ameijide explicou que o novo goberno herdou un paquete de obras “con nome e apelido no casco urbano para mellorar o pavimento, abastecemento” e matizando que “é momento de ser resolutivo e de dinamizar a xestión do día a día do concello”. “De momento perdemos os mellores meses para traballar en obra pública xa que aglomerar en inverno é moito máis complicado e xenera moitas máis molestias aos cidadáns”.
“En xuño de 2014 as obras estaban proxectadas, presupostadas e cos 3 millóns e medio de euros reservados para levalas a cabo” indicou o edil popular quen acusou aos socialistas de “incapacidade e pasotismo á hora de poñer en marcha estas actuacións que afectan a rúas en distintos barrios como Ronda de Fingoi, Monforte, Noriega Varela, Pintor Corredoira, varias vías do CEAO, Rúa do Cuco ou Margarida
Os populares afirman que a alcaldesa ten unha oportunidade de demostrar o seu compromiso con Lugo “é necesario un cambio na forma de traballar e é necesario tamén dar exemplo: cando falamos de reactivar a economía estes retrasos inxustificados son inadmisibles”.
“De momento o único que se está demostrando con esta inactividade é quen actuou por intereses partidistas e a golpe de eleccións e quen, pese a non estar gobernando, polo interés xeral, propiciou acordos para mellorar a cidade” concluiu o popular.
Ameijide reclamou “axilidade no cumprimento do pactado os técnicos traballaron e entregaron os proxectos polo que os únicos responsables de que non se iniciase o proceso”. “Iso por non falar doutros compromisos, a estas alturas, seguen moi verdes” salientou o concelleiro popular.