Concejales del Grupo Municipal del PP visitaron la parroquia de Conturiz donde comprobó el malestar de los vecinos de San Amaro y El Cuco debido a los baches que presentan las vías que dan acceso la estos núcleos, que ya provocaron daños en algún vehículo
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, urxe ao goberno local a que se arranxen varias pistas en mal estado en San Amaro e no Cuco, en Conturiz, xa que as eivas que presentan dificultan a circulación, chegando nalgún caso a producir danos nos vehículos.
Manuel López realizou unha visita a estas zonas para comprobar in situ o estado destas pistas e faise eco das numerosas queixas dos veciños da zona. Para o popular esta situación non é nova, xa que todas as parroquias presentan deficiencias similares nos seus accesos, froito “do abandono e a desidia” do goberno local coa zona rural.
Explica Manuel López que vemos como todos os veciños das parroquias teñen problemas moi semellantes, sendo neste caso en San Amaro e no Cuco, o principal problema as fochancas, polo que os coches teñen dificultades para circular, provocando que en ocasións teñan que circular pola cuneta, sendo un verdadeiro perigo para a seguridade viaria.
Anguieiro
Durante esta visita, Manuel López tamén se achegou ata a zona de Anguieiro, onde os veciños piden que se tape un foso que hai nun lateral dunha vía, de titularidade do Ministerio de Fomento, e que “é un verdadeiro perigo” para os vehículos e os peóns.
Trátase dun foso duns oito metros de profundidade e que está tapado unicamente cun palé e un cono de obra, actuación totalmente deficiente, polo que o concelleiro popular urxe ao goberno local a realizar as xestións oportunas ante o Ministerio de Fomento para dar unha solución totalmente segura a este foso, tal como unha rexa ou unha tapa e así evitar calquera problema de seguridade.