El concejal popular Manuel López afirma que “el pavimento de la calzada comarcal 612 cedió y que hay una grieta por la que brota agua suponiendo un riesgo para los vehículos que circulan por ella además de provocar que se anegue una finca y vivienda”
O Grupo Municipal do Partido Popular acusa ao goberno local de “irresponsabilidade” por retrasar sine die a reparación dunha avaría nunha tubería de subministro de auga potable no barrio de Pena da Mula, na parroquia de Piúgos. O reventón da canalización está localizado na estrada de Portomarín, na comarcal 612, a uns metros da rotonda que da acceso á nova ponte sobre o Miño.
Manuel López explicou como o pavimento desta estrada, de titulariedade autonómica, presenta un afundimento nos seus dous carrís como consecuencia do embolsamento de auga pola rotura dunha tubería municipal. O edil do PP matizou que o goberno local non pode xustificar que descoñecía este problema xa que dende a Xunta se enviaron ao Concello ata dousrequerimentos, un o 27 de outubro de 2014 e outro e outro o 2 de xaneiro de 2015”. “É lamentable que malia coñecer o problema que non se tomaran as medidas oportunas en tempo e forma” reflexionou.
Manuel López anunciou que o seu grupo presentará un rogo para que se repare a greta que hai na calzada e que, segundo consta nun informe da policía local de Lugo, con data de xaneiro de 2015 “está provocando danos no interior dunha vivenda e finca colindante a esta vía”.
Para os populares é incomprensible o retraso, de case un ano, en reparar esta greta provocada polo empozamento de auga baixo o pavimento desta vía. “Se a reparación se fixera, en tempo e forma, non causaría danos a terceiros”, puntualizou o edil do PP.
Ademais, o concelleiro de zona rural do GMPP alertou de que se está a producir unha perda de millóns de litros de auga da traída municipal, “o que tamén supón un despilfarro económico que temos que asumir todos os lucenses, sen que o goberno municipal poña solución a esta cuestión que xa foi denunciada hai case un ano polo Partido Popular e polos propios veciños da zona”.