El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide afirma que cuándo hay trombas de agua, como la de ayer, muchos de las alcantarillas de la ciudad son insuficientes para evacuar el agua ya que muchos están tupidos con tierra y basura por lo que se forman grandes acumulaciones de agua que dificultan la circulación e incluso hay riesgo de entrada en propiedades privadas
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, esixe ao bigoberno o deseño e posta en marcha dun plan de actuación para evitar as constantes inundacións que se producen sempre nos mesmos puntos da cidade cando se dan fortes treboadas.
Antonio Ameijide explica que este plan de actuación debería basearse en tres liñas de actuación:
– Avaliar se é necesario modificar deseños nas rúas onde son frecuentes as inundacións
– Estudar a implantación de medidas de drenaxe, máis eficaces, das augas pluviais
– Realizar un mantemento periódico, máis exhaustivo, dos sumidoiros
Unha das claves para que este plan funcione é, precisamente, o mantemento dos sumidoiros. O concelleiro popular recorda como cada ano dende o Grupo Municipal Popular se pide a limpeza dos sumidoiros da cidade xa que “na maioría dos casos a pouco que chove” vemos como sempre os mesmos sumidoiros se inundan e non evacúan a auga, polo que en casos de temporais como o destes días os sumidoiros non tragan toda a auga que cae polo que “sempre se inundan as mesmas zonas e sempre hai os mesmos problema”. “Tendo en conta que podemos consultar a previsión do tempo hai que establecer unha rutina para que os sumidoiros destas localizacións estean perfectamente limpos durante todo o ano, e a maiores unha revisión dos puntos máis conflitivos cando hai previsión de treboadas ou das trombas de auga para evitar situacións como a de onte”, sinalou.
Entre os puntos nos que sería preciso actuar se atopan a Rolda das Fontiñas, a Avenida Duquesa de Lugo (á altura do MIHL e entre as pontes de Paradai); o enlace de Alfonso X coa N-VI, Fermín Rivera (á altura da igrexa), o Polígono de O Ceao (na rotonda que hai fronte a Leite Río), nas Arieiras (urbanización Louzaneta), a Avenida de Magoi, a Ponte Branca ou na Campiña (na rotonda que hai entre a Rolda Norte e a Avenida Adolfo Suárez).
Co obxecto de solucionar esta situación o concelleiro popular anuncia que se presentará un rogo en comisión para que se proceda á limpeza inmediata da rede de sumidoiros de Lugo e, se é posible, se estude se é preciso o redeseño e a colocación de máis sumidoiros nas zonas da cidade nas que adoitan suceder inundacións.
Ademais, Antonio Ameijide recorda que o bigoberno segue a incumprir un acordo plenario de xuño de 2017 para a elaboración dun plan de actuacións na rede de drenaxe para evitar inundacións en Lugo, acordo que se tomou a iniciativa do Grupo Municipal Popular e que contou cos votos a favor de PSOE e BNG. Unha situación que tamén vén propiciada pola inacción de Álvaro Santos, xa que se o concelleiro de medio ambiente “se puxera a traballar” e sacase a licitación o contrato do ciclo da auga a rede de sumidoiros de Lugo estaría en mellor estado xa que habería unha empresa encargada da súa limpeza periódica.