Los concejales del Grupo Municipal del PP Óscar Poy y Rafael Pérez visitaron la parroquia de Conturiz donde comprobaron el malestar de los vecinos de la zona por los baches que presentan diversas vías de la parroquia y que dan acceso a numerosas viviendas
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy e Rafael Pérez, visitaron a parroquia de Conturiz, onde os veciños da zona seguen a demandar o arranxo de varias pistas en mal estado xa que as eivas que presentan dificultan a circulación, chegando nalgún caso a producir danos nos vehículos.
Os concelleiros populares comprobaron in situ o estado destas pistas e comprobaron a necesidade de arranxar os baches existentes. Para os populares esta situación non é nova, xa que todas as parroquias presentan deficiencias similares nos seus accesos, froito “do abandono e a desidia” do goberno local coa zona rural.
Explican que vemos como todos os veciños das parroquias teñen problemas moi semellantes, sendo neste caso en Conturiz, o principal problema as fochancas, polo que os coches teñen dificultades para circular, provocando que en ocasións teñan que circular pola cuneta, sendo un verdadeiro perigo para a seguridade viaria.
Mellora da recollida do lixo
Os concelleiros populares tamén se fixeron eco doutra petición, como é a mellora na recollida do lixo. Indican os veciños que habitualmente recollíase o lixo dúas veces por semana, pero que non sempre se realiza así nas últimas semanas, provocando que os colectores estean cheos, provocando posibles riscos sanitarios ou a proliferación de roedores ou outros animais rebuscando entre o lixo.