El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López denuncia que debido a la “pasividad total” y “falta de diligencia” del gobierno local por atajar este grave problema que afecta, principalmente, a las parroquias del rural tenemos que seguir lamentando este tipo de acciones, totalmente reprochables y denunciables, que dañan la actividad económica y provocar graves daños medioambientales
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, é moi claro e afirma que os veciños das parroquias do rural de Lugo “non poden máis e están fartos” da permisividade do concelleiro da zona rural, Miguel Fernández, respaldado por Lara Méndez e Rubén Arroxo, xa que “ningún fai algo por solucionar os constantes ataques que se realizan nas parroquias do rural de Lugo”, onde os vertedoiros incontrolados seguen activos e medrando sen control.
Manuel López critica a inacción do goberno local, que lonxe de protexer os intereses dos veciños das parroquias e o gran valor natural que hai no municipio, permiten, coa súa pasividade, estas actividades ilícitas, que en moitos casos xeran un perigo enorme para os veciños e o entorno, xa que son focos potencias de incendios e de contaminación ao medio.
Para o concelleiro popular a principal solución pasa pola implicación do goberno local, que debe de poñer en marcha un plan de acción inmediato para limpar todas estas zonas e un aumento notable da vixilancia para evitar que estas malas prácticas se sigan a repetir no municipio lucense, xa que unicamente teñen repercusións negativas para a natureza e a actividade económica das parroquias do rural. “A realidade é que sempre tiran os residuos nos mesmos puntos, un claro indicativo da permisividade do goberno local, que nin se preocupa por vixiar minimamente estas zonas, xa coñecidas por todos, para evitar nos vertidos”, afirmou.
Manuel López lamenta que despois de tantos anos desde o goberno local “non fixeron nada” por solucionar esta situación, ata o punto de están a demostrar “a nula preocupación” que teñen polo rural, onde nas últimas semanas o goberno local so foi noticia “polas súas cacicadas” levando servizos a uns poucos veciños e discriminando a outros. “Se estes vertedoiros incontrolados chegan a estar preto da casa dalgún pedáneo que teñen nas parroquias estou seguro de que non tardaban nin medio día en limpar a zona”, sentenciou.