Los populares recuerdan como su grupo, cuando votó el año pasado en el pleno en contra de esta ordenanza fiscal, ya advirtió a la alcaldesa que la unificación de categorías fiscales perxudicaría a las zonas más humildes de Lugo y a las economías familiares en un momento de crisis e incertidumbre y, ahora, con el paso de los recibos se confirmó
O Partido Popular pide ao goberno local que cambie a ordenanza que regula o cobro dos vados xa “a modificación que fixo o PSOE e o BNG nesta taxa está supoñendo un aumento abusivo no recibo dos lucenses”.
Antonio Ameijide explica que o empeño do goberno de esquerdas de unificar as categorías fiscais das diferentes rúas para o cálculo da taxa supón na práctica que se cobra o mesmo por unha reserva de vía pública para entrada en garaxes dun edificio na Praza de España que en Santo Grial. “Ao igualar este imposto en toda a cidade prodúcense unhas desigualdades vergonzosas e subas que chegan a duplicar algún recibos”.
Os outros afectados pola ordenanza de PSOE e BNG son todos os autónomos e propietarios de pequenos negocios que nos recibos que lles veñen de chegar comproban como se duplica o importe a pagar polo seu vado comercial. A cuestión é que se está cobrando como vado permanente 24 horas e non como en anos anteriores por ter reserva de praza os días laborables de 8 da mañá a 20.00 horas da noite. Dende o PP anuncian que pedirán que se retrotraiga a normativa e ademais reclaman que o Concello, dado que xa lles cobrou por vado permanente, lles coloque a placa correspondente.
O vicevoceiro popular insiste en que “é necesario un pacto de todos os partidos políticos para impulsar unha nova política fiscal que non supoña un atropelo aos veciños e veciñas” xa que “subas como estas non contribúen a mellorar a economía local e supoñen un mazazo para o pequeno comercio”. “O espíritu das propostas que imos presentar na mesa de ordenanzas é centrado nas persoas, en apoialos e non en asfixialos como está facendo Lara Méndez e Rubén Arroxo”
Para evitar que o vindeiro 2022 se repita esta situación o PP pedirá modificar esta ordenanza. En primer lugar o PP é contrario á unificación de categorías fiscais para aplicar nesta taxa e tamén reclama eliminar da ordenanza a coletilla na que se especifica que “cos vados comerciais se aplica a tarifa de 24 horas cando antes se facía o cálculo da reserva de espazo no tramo horario de oito da mañá a oito da noite” duplicándolles a factura aos autónomos e pequenos comercios
EXEMPLO VADOS COMERCIAIS
- Unha pasaxe comercial en Rúa Miguel de Cervantes paga en el recibo de este año 308 € cuando el año pasado por el mismo vado tuvo que abonar 160,15 €. O aumento neste caso é do dobre do que viña pagando por esta ocupación de vía para acceder á súa empresa case 150 € máis.
- Unha pasaxe comercial na zona de Catasol pasou de pagar 136,35 € a 308,61 €. Neste caso o incremento foi de 172,26 unha cifra que es más del doble de su factura anterior.
EXEMPLOS DUN PARTICULAR:
- Na rúa Río Ladra unha pasaxe dun garaxe privado dunha única praza paga este ano 40€ máis de taxa. O recibo do ano pasado foi de 90,84€ e o actual suma 129,96 €. A persoa afectada que presentou reclamación por escrito asegura que “o incremento do 30% no momento actual resulta desorbitado e incluso avanza que está pensando retirar este vado”.