El concejal popular Manuel López exige a la alcaldesa que tome las rentas del ayuntamiento y que no se esconda tralo BNG de quien depende esta obra que quieren dejar incompleta y que motivó una protesta vecinal
O concelleiro do Grupo Municipal do PP Manuel López reclamou hoxe ao goberno local que “antes de sacar a maquinaria que está traballando na zona do Rego do Espiño asfalte o tramo de 100 metros que, sorprendentemente, non figura no proxecto co obxecto de completar o arranxo deste núcleo”.
O Partido Popular pide á alcaldesa de Lugo que tome as rendas do concello e que non descargue responsabilidades no BNG xa que esta obra depende da área nacionalista de infraestructuras. Deste xeito, Manuel López esixía a Lara Méndez que asumise o mando para que non se repitan cacicadas en obras do rural xa que tanto da se son concelleiros socialistas como nacionalistas “todos eles parecen seguir a piés juntillas o manual do cacique moderno que redactou Liñares, a man dereita dun dos padriños políticos da alcaldesa”.
Dende o Partido Popular din estar preocupados porque “a folla de ruta que marcou neste mandato o bigoberno no rural de Lugo está xerando continuamente conflictos cos veciños”. O popular asegura que nos últimos meses xa hai unha colección de cacicadas que denunciou o grupo municipal como foron os casos de Cardoso en San Mamede dos Anxos e de, Paredes, en Bocamaos onde deixaron sen abastecemento a varios veciños de forma arbitraria ou que se privase a catro veciños de Piugos do asfaltado en quente dun tramo de 150 metros que “inexplicablemente” non se planificou en ningún dos dous proxectos que hai dos accesos a Pena de Mula e incluso as protestas veciñais da veciñanza de Calde porque se lles discriminaba nos traballos de reparación do firme da vía que pasa polo núcleo.
Os populares visitaban nas últimas horas a obra prevista neste barrio de Piúgos e tras falar coa veciñanza reclaman unha solución inmediata para as xustas demandas dos residentes nesta zona”.