Zona Rural

El PP exige localizar los vertederos ilegales del rural para hacer una limpieza urgente que frene el efecto llamada

By 16 diciembre, 2019No Comments

El edil popular Manuel López lamenta que los socialistas no habían hecho nada, en los últimos años, para evitar la proliferación de escombreras incontroladas en el rural y reclama “que se impulsen puntos limpios móviles para acercar la recogida de residuos a los 320 núcleos”

O concelleiro do Partido Popular Manuel López afirma que o macrovertedoiro do Carqueixo non é un caso illado e que no rural de Lugo “proliferan moitos outros vertedoiros ilegais porque o goberno local non fai nada para erradicalos”.

Para López hai alternativas para solucionar esta problemática lamentando que a alcaldesa e o vicealcalde “se conformen con publicitar un barrio verde en Lugo mentres son incapaces de vixilar que parcelas da súa propiedade se convertan en macrovertedoiros”.

Manuel López afirma que nun municipio cun rural como o de Lugo, que conta con 54 parroquias e 320 núcleos, hai que achegar a recollida do lixo aos veciños e as veciñas. “Nós propoñemos poñer en marcha puntos limpos móviles” aclarando que “esta infraestructura debería contemplarse no prego de condicións do futuro contrato de xestión de residuos”.

O popular tamén é partidario de que se leven a cabo campañas de concienciación, con cartelería nos puntos onde é frecuente que aparezan restos de obras, electrodomésticos, neumáticos … cos que disuadir aos infractores de que están cometendo un delicto medio ambiental. “Durante os 20 anos de gobernos do PSOE non se fixo nin unha soa campaña de sensibilización para a cidadanía”, matizou o concelleiro popular.

Dende o PP tamén se reclama que se restableza a patrulla verde da policía para localizar de forma rápida os vertedoiros que desaparezan e, unha vez detectados, nun prazo máximo dunha semana levar a cabo a limpeza destes puntos para evitar o efecto chamada. O edil do PP tamén suxire que se potencie a colaboración cidadá a través do 010 ou da liña verde “sempre e cando o goberno local erradique os vertedoiros que se denuncien nun prazo dunha semana para que a participación veciñal teña sentido”.

O edil do Partido Popular desvela outros puntos negros que hai en Lugo:

Coeses.- Vertedoiro parcela municipal. Situado no antigo punto limpo de plásticos que arestora non funciona porque se realiza un programa de porta a porta que chegou trala reiterada petición do Partido Popular.

Recimil.- Vertedoiro situado nunha encrucillada de camiños. Está ao pé dun cartel que anuncia o porta a porta dos silos. Entre a pista que une Recimil con Bóveda.

Muxa.- Vertedoiro en monte veciñal. Neumáticos de coches, bicis, electrodomésticos, restos de obras, mobles …

San Pedro de Mera. Aquí aparecen dous vertedoiros un fronte a outro. Teñen neumáticos e plásticos agrícolas.

San Xoán do Campo.- Antigo vertedoiro de plásticos

O Burgo.- Novo vertedoiro

O Veral.- Mobiliario que leva meses ao lado de colectores de lixo sen que ninguén os retire

Campiña.- En As Regas hai uns restos de electrodomésticos que o PP denunciou no ano 2016. Presentamos un rogo para que se retirasen. Alí seguen, arestora cubertas de maleza.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies