Tráfico

El PP exige medidas urgentes para resolver el problema del aparcamiento en el centro

By 13 diciembre, 2016No Comments

El viceportavoz de los populares Antonio Ameijide afirma que “en 2 años los socialistas en vez de facilitar la movilidad del casco histórico solo adoptaron decisiones que perjudicaron a comerciantes y vecinos como eliminar la ORA y suprimir cerca de 600 plazas de aparcamiento”

O Grupo Municipal do Partido Popular Antonio Ameijide critica que os socialistas non estén á altura das circunstancias e, en vez  de mellorar a mobilidade da cidade, pensar nas mellores alternativas para o tráfico e para facilitar o aparcamento no centro e o seu entorno “o único que fan é poñer paus nas rodas ao comercio e á mobilidade dos lucenses”. O vicevoceiro popular facía esta reflexión logo de coñecerse que se vai pechar o párking de Ánxel Fole “dan de prazo ata o 9 de xaneiro para pechar esta infraestructura polo que para daquela deberían ofrecer unha solución porque non estamos a falar dunha situación imprevisible”. “Unha vez máis, os socialistas quedan en evidencia pola súa falla de previsión” indicou Ameijide

Os populares critican a falta de reflexos do goberno local e lle pide que “reaccione de forma urxente para solucionar un problema que cada vez vai a máis”. “O primeiro é implantar un sistema gratuíto de rotación de vehículos tal e como levamos demandando dende o Partido Popular, e que o pleno, a iniciativa do PP, avalou”.

O popular manifestou que “a  segunda acción pasa por buscar bolsas de aparcamentos en terreos municipais ou estudar convenios con particulares para dotar a Lugo destes espazos para estacionamento de vehículos facilitando o acceso a zonas como o casco histórico”.

Para o popular outra actuación urxente é a reestructruación integral do transporte urbano. Nese eido, o popular lamentou que a dous meses de que remate o prazo para a remodelación integral deste servizo sigamos sen ter novas sobre como vai ser esta remodelación. A reestructuración das liñas de autobuses de Lugo adxudicouse o pasado mes de febreiro cun prazo para implantación dun ano. Ameijide quere saber para cando se van por en marcha; cales van ser as novas frecuencias e percorridos …

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies