Urbanismo

El PP exige el arreglo inmediato de la rúa Brétema, en A Ponte, montones de baches y casi sin asfalto

By 25 septiembre, 2021septiembre 26th, 2021No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Rafael Pérez señala que los vecinos de esta calle están cansados de pedir una actuación para solucionar los problemas que tienen a la hora de acceder sus viviendas puesto que el firme cuenta con grandes baches y está lleno de gravilla
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, pide ao goberno local que se tome en serio as peticións dos veciños da rúa Brétema, na Ponte, que piden o arranxo urxente desta rúa, unha vía que presenta unha imaxe “deplorable”.

Rafael Pérez sinala que as queixas dos veciños están máis que fundamentadas, xa que esta rúa deberían de contar cun firme nunhas condicións máis ou menos aceptables, pero a realidade é moi distante e “comprobamos como está chea de grandes fochancas, moita grava e practicamente sen asfalto”.

Ante esta situación, o concelleiro popular reitera a petición veciñal e solicita unha actuación urxente e inmediata para poder poñer esta rúa boas condicións, xa que se trata do único acceso para moitas vivendas, e así dar unha solución aos problemas que expoñen os veciños. “Trátase dunha rúa que non ten unha extensión moi longa polo que se podería realizar unha actuación nun breve período de tempo polo que se podería realizar o asfaltado en quente, o único que fai falla é vontade de querer arranxalo”, puntualizou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies