Mercado e Praza de Abastos

El PP exige el arreglo inmediato de las deficiencias denunciadas en la Plaza de Abastos

By 10 diciembre, 2022No Comments

Sagrario Sánchez denuncia que poco más de un año después de la inauguración de la plaza este edificio presenta deficiencias importantes como filtraciones de agua y goteras en el sótano, falta de limpieza y que la calefacción no funciona “bien porque no se enciende o porque no funciona”

O Concello de Lugo inaugurou a reforma da Praza de Abastos hai pouco máis dun ano, o 9 de outubro de 2021, unha obra moi agardada pola cidadanía e que en pouco máis de 365 días non deixou contento a ninguén.

Sagrario Sánchez explica que nas últimas semanas “o enfado é moi grande entre os praceiros” xa que hai circunstancias imposibles de entender. Entre as principais queixas están as constantes filtracións de auga e goteiras que hai no soto. “Ninguén entende esta situación de abandono na que PSOE e BNG teñen aos praceiros”, apunta.

A concelleira popular sinala que aínda hai máis. No contacto constante que mantén a popular tivo tempo suficiente para comprobar como o enfado dos titulares dos postos vai a máis. Non se pode entender que non funcione a calefacción, a falta de limpeza, as deficiencias construtivas que non se amañan como un escalón que provoca esvaróns ou os constantes cambios de horario que teñen que sufrir os praceiros baixo o “ordeno e mando de PSOE e BNG”. “O sentimento entre a maior parte dos praceiros é de enfado e fartura”, lamentou.

Outra das principais queixas é que agora o goberno local decidiu quitar as chaves da praza a case todos os titulares dos postos, polo que xa non poden levar a mercancía cando poden “un problema grave xa que non poden recibir sempre os subministros no horario de apertura da praza”.

 

Comisión da praza e mercado

Sagrario Sánchez tamén denuncia que tras aprobarse no pleno de abril, a iniciativa do PP, a convocatoria da comisión consultiva da Praza e do Mercado o goberno local aínda non convocou este órgano que da voz aos praceiros. “Xa vemos canto vale a palabra de Lara Méndez”, criticou a popular, que engadiu que “seguramente a rexedora non se atreve a verse cos titulares dos postos sabedora do descontento que teñen”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies