Antonio Ameijide lamenta que, una vez más, la ciudad quedara anegada y sumida en el caos en la tarde de ayer debido las lluvias que colapsaron diferentes puntos de la ciudad únicamente porque desde lo gobierno de Lara Méndez y Rubén Arroxo no se presta atención a la correcta limpieza del alcantarillado
Como cada ano cada vez que chove con certa forza en Lugo, a cidade anégase por completo en diferentes puntos, circunstancia que se debe unicamente á falta de traballo e preocupación do goberno local por mellorar o sistema de drenaxe da cidade e por manter limpa a rede de sumidoiros.
Explica Antonio Ameijide que unha vez más demóstrase que con PSOE e BNG non se está a realizar un mantemento periódico e exhaustivo para limpar os sumidoiros da cidade o que facilitaría a evacuación da auga no caso de fortes chuvias.
Por este motivo, dende o Grupo Municipal Popular presentarase de novo unha iniciativa no pleno para que o goberno local reaccione para evitar, na medida do posible, que se repitan situacións caóticas como a de onte e que, casualmente, sempre se repiten nos mesmos puntos da cidade cada vez que hai chuvias intensas.
Xa en 2017, desde o Grupo Municipal Popular se pediu a elaboración dun Plan Global para mellorar o deseño e as condicións de drenaxe así como o mantemento dos sumidoiros da cidade traballando en tres direccións:
- analizar se é necesario modificar deseños nas rúas onde son frecuentes as inundacións
- estudar a implantación de medidas de drenaxe das augas pluviais máis eficaces
- realizar un mantemento periódico e exhaustivo dos sumidoiros
A vista das inundacións de onte, queda claro que se dende o goberno de Lara Méndez se realizou algunha intervención, non foron eficaces. Un exemplo son os traballos realizados na Avenida da Coruña (na zona do Bulevar Norte) para implantar medidas de drenaxe máis eficaces “pero podemos dicir que foron un fracaso absoluto”.
Explica Antonio Ameijide que este tipo de situacións non son menores xa que poñen en risco a seguridade viaria, poden producirse danos en vehículos e vivendas que poden derivar en reclamacións patrimoniais ao Concello.
Por último, o concelleiro popular sinala que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo deben de mirar a Lugo e deixar de buscar espellos noutras partes, xa que “non necesitamos ser un ‘Green Vancouver’ nin unha copia de Pontevedra. Lugo ten unha identidade propia e problemas propios que temos que resolver aquí”.