La concejal popular Beatriz Vázquez critica “el pasotismo del bigoberno a la hora de completar todas las medidas sanitarias comprometidas dentro del protocolo Covid” y pide celeridad para subsanar el material que falta, tal y como figura en el decreto de apertura del centro aprobado el 13 de octubre por el bigoberno
A concelleira popular Beatriz Vázquez denuncia que o concello de Lugo “non adoptou todas as medidas sanitarias ás que se compremeteu no decreto asinado o pasado 13 de outubro para garantir os protocolos COVID na Escola Municipal de Música”.
Durante os meses pasados os populares xa lle trasladaron ao bigoberno a necesidade de actuar nas dependencias que ocupa esta Escola “non só tardaron un tempo excesivo en reaccionar, abrindo o curso escolar a mediados de novembro, senón que agora nos sorprenden con que incumpren algúns aspectos como a dotación de filtros purificadores HEPA en aulas. Outro aspecto que preocupa á concelleira Beatriz Vázquez ten que ver coa situación das véntas do corredor e das aulas xa que “ao estar a unha escasa altura supoñen un risco para os alumnos de menor idade” polo que insta a que se coloquen protectores para evitar que se asomen.
Dende o PP tamén solicitan persoal de conserxería no Uxío Novoneyra para a quenda de tarde “co ánimo de que haxa un control das entradas e as saídas do centro”.