El vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que “en el Plan de Emergencias Municipal se recoge la necesidad de reforzar la presión en este área industrial, al igual que se hace en puntos de la ciudad para dar servicio a zonas altas”, preguntándose si Lugo está adecuadamente protegida y cubierta en cuanto a medios materiales y efectivos
Para o Grupo Popular “o máis importante é que no suceso de onte non houbo que lamentar danos persoais” tamén agradecen aos bombeiros e aos corpos de emerxencia “o esforzo realizado e a súa profesionalidade” e, en terceiro lugar, “solidarízanse e prestan o seu apoio aos afectados polo incendio” reclamando que “o concello de Lugo axilice calquera tramitación que precisen para recuperar a súa actividade”.
Tralo suceso de onte, o PP asegura que “é o momento de determinar que medidas adoptar para solucionar problemas que se detectaron á hora de apagar as lapas polos fallos de presión nas bocas de rego”. Os populares “propoñen instalar sistemas de presión que garantan un abastecemento de auga óptimo en caso de incendio ou outras necesidades en todos os puntos da cidade e, en especial, nos polígonos industriais”.
Antonio Ameijide indicou como o propio Plan de Emerxencias recolle no artigo 3.13.2.1.- Características da rede de distribución de auga que a rede de distribución está constituído por unha extensa rede de conductos subterráneos de diferentes seccións. A distribución faise por gravidade, xa que os depósitos de subministro están máis altos que o resto da rede.
“No PP entendemos que se distribúen a auga dende depósitos que están á mesma altura que o propio polígono a gravidade non pode facer o seu traballo e dar presión ás mangueiras”. O vicevoceiro do PP manifestou que incluso, nese mesmo artigo, se recolle que “nalgúns edificios de vivendas, existe un sistema de bombeo propio e privado, para reforzar a presión e poder servir aos pisos máis altos”, algo do que carece o polígono industrial do Ceao e que onte quedou en evidencia. O popular se preguntaba “que acontecería se hai un incendio nun edificio de 7 ou 8 alturas no casco urbano, está adecuadamente protexida a cidade?”
O Grupo Popular tamén anunciou que reclamarán “os informes das revisións das bocas de rego realizados polos bombeiros” e, por outra parte, anuncia que pedirá “a mellora dos medios materiais para a extinción de incendios como “espumas e retardantes”.
O vicevoceiro popular Antonio Ameijide lembra que o seu Grupo leva anos reclamando “un reforzo do plantel dos bombeiros” xa que Lugo incumpre a ratio que establece a Comunidade Europea para un servicio destas características onde se contempla como idóneo que haxa un bombeiro por cada mil habitantes, polo que Lugo tería que ter un plantel duns 98 efectivos cando na actualidade non chegamos nin a metade”.
Ao fío de este suceso dende o Grupo Popular insisten en que “a alcaldesa non pode demorar máis a actualización do Plan Municipal de Emerxencias, cuxa última revisión foi o 23 de maio de 2007”. Os populares lembran a Lara Méndez que “hai un acordo de pleno de abril de 2018, a iniciativa do PP para renovar o citado documento”.